Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • Tras do lapis de Siro López
    Visitamos a exposición antolóxica de Siro López no Kiosco Alfonso da Coruña. Titúlase 'Oitenta e un anos e un lapis' e repasa o traballo do caricaturista durante os últimos 55 anos. Nela atopamos imaxes de autores como Blanco Amor, Picasso ou Ramón Piñeiro.
    31 min
  • De corpos presentes
    "Hai unha comunidade artística moi potente que aínda non ten unha presenza nos espazos culturais á altura do que se vén facendo”. Sabela Mendoza coordina o ciclo sobre artes performativas De corpos presentes que abre nova edición na Coruña.
    10 min
  • Festivais de inverno
    Inauguramos a temporada de festivais co Festival do Queixo en Arzúa e A Candeloria en Lugo. En Arzúa, temos concertos de Guadi Galego, Fillas de Cassandra, Grande Amore ou Arde Bogotá; mentres que en Lugo podemos escoitar a música de Dakidarría, Rebeliom do Inframundo, ZOO, S.A., Talco, Los Chikos del Maíz ou Arrythmia.
    19 min
  • As estreas de FETEN 2024
    As compañías Elefante Elegante e Nauta Teatro presentan os seus novos espectáculos en FETEN 2024. 'Kyoky' e 'Gaia Baba, a meiga' forman parte do programa da XXXIII Feira Internacional de Artes Escénicas para Nenos e Nenas de Xixón.
    13 min
  • Así vou eu, formando parte
    ´Así vou eu, formando parte`, é o título do poemario que nos trae esta semana Dolores Vilavedra.
    Eva Veiga e Pilar Pallarés, que trataron a Luísa Villalta, escriben o epílogo e o prólogo desta escolma con 77 poemas.
    Luísa Villalta, autora que se homenaxea este ano no Día das Letras Galegas, celebraría este ano o seu 77 aniversario.
    13 min
  • NoReM
    Vituco Neira fala con María Valle, voz e percusión no grupo Noites de rock e meigas. Fan fusión partindo da música tradicional galega con ritmos rock e punk dende Miranda de Ebro.
    16 min
  • Xogar na Idade de Ferro
    O arqueólogo Samuel Nión-Álvarez fálanos do que pode ser o primeiro xogo de taboleiro, atopado nas excavacións de Castro Curbín.
    A datación con carbono-14 sitúao na Idade de Ferro.
    30 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube