Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • Xogar na Idade de Ferro
    O arqueólogo Samuel Nión-Álvarez fálanos do que pode ser o primeiro xogo de taboleiro, atopado nas excavacións de Castro Curbín.
    A datación con carbono-14 sitúao na Idade de Ferro.
    30 min
  • O meridiano do matemático Rodríguez
    Estíbaliz Espinosa recorda hoxe a Xosé Rodríguez, o matemático da parroquia lalinense de Bermés, designado Científico Galego do Ano pola Real Academia Galega de Ciencias. Ademais, escoitamos música feita por cactus e un poema de Concha Méndez, unha das 'Sinsombrero', a Rosalía de Castro.
    12 min
  • Axúdame a sentir
    Emilio Españadero percorre parte da obra de Xabier Díaz co gallo da publicación, o 1 de marzo, do seu novo disco con Adufeiras do Salitre.
    12 min
  • Bule presenta en directo 'Agora ou nunca'
    A banda Bule presenta en directo o seu primeiro LP 'Agora ou nunca'. Escoitamos punk e power pop en galego desde Pontedeume.
    Este venres actúan na sala Sónar de Santiago, o 2 de marzo en Pontevedra, o 6 de abril estarán na Coruña e en maio darán concertos en Ferrol e Lugo.
    18 min
  • Rosalía para a picarexada
    No Día de Rosalía, descubrimos as propostas de Eva Mejuto para a rapazada: 'Rosalía', de Alba de Evan e Xabier Domínguez (Cumio); 'Miña casiña meu lar', de Blanca Millán (Galaxia); e 'O sombreiro de murga' (Fundación Rosalía de Castro).
    11 min
  • 'PF-Site Specific 023'
    Afonso Becerra achéganos a 'PF-Site Specific 023', un espectáculo de danza estreado hai unha semana en Vigo que define coma´o tempo nos pés de Amparo Martínez Paz`.
    11 min
  • O día de Rosalía
    Entrevista a María do Cebreiro Rábade Villar, codirectora da cátedra sobre Rosalía na USC.
    Mari Pereira dá conta de tódolos actos programados hoxe para festexar á poeta senlleira das letras galegas.
    17 min
  • 'O dragón de ouro', de Sarabela Teatro
    A compañía Sarabela Teatro estrea 'O dragón de ouro' que presenta nos escenarios galegos ao dramaturgo alemán vivo máis representado. "Roland Schimmelpfennig crea niveis de narratividade moi novos. Reinventa a posta en abismo", asegura a directora Ánxeles Cuña nunha entrevista neste podcast do Diario cultural.
    10 min
  • A compañía Fran Sieira baila 'CEIBE'
    A compañía Fran Sieira estrea 'CEIBE' o 2 de marzo no Auditorio de Cangas. Unha peza con 8 bailadores e bailadoras que se distancia dos estereotipos sexistas e propón novas formas de entender a identidade de xénero desde o baile tradicional. Preséntannos 'CEIBE' os seus directores artísticos, Fran Sieira e Sergio R. Suárez.
    18 min
  • Bailando con Tito Lesende
    Na sección de voces expertas, Tito Lesende presenta as novidades musicais: Miriam Rodríguez publica este venres o seu terceiro disco 'Líneas rojas', o avance do disco de Carlangas e os Cubatas, o LP de Ana Lua Caiano e o disco 'Branca Vela' de Budiño.
    11 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube