Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • Cinema por mulleres
    Entrevista a Diego Mas, codirector de Cinema por mulleres. Esta segunda edición do certame celébrase do 22 de febreiro ao 9 de marzo na Coruña.
    30 min
  • Unha nova xeración de comunicadoras conquista Youtubeiras
    Unha nova xeración de comunicadoras conquista Youtubeiras. Conversamos con tres dos gañadores desta sétima edición do certame que recoñece o contido en galego en redes: OU Ké!, premio Canle, xornalismo político para redes desde Ourense; O Faiado Podcast, premio Revelación, cultura pop e vida cotiá; e Recuncho Gamer, premio Youtubeira, videoxogos e moito máis.
    22 min
  • Encontro Arqueolóxico do Barbanza
    Mario César Vila avánzanos a nova edición do Encontro Arqueolóxico do Barbanza, que se desenvolve en Boiro os días 24 e 25 de febreiro. Un foro de divulgación arqueolóxica que acollerá expertos do ámbito galego, estatal e internacional.
    7 min
  • De lembranzas e estreas
    Emilio Españadero tráenos a Fuxan os ventos co gallo do pasamento estes días do padre Mato e mailo cabodano de Moncho Díaz. Tamén a Carapaus coa Alborada pra Rosalía, no mes de nacemento da nosa autora máis senlleira.
    E dúas citas a marcar no calendario deste mes: concerto de Xosé Manuel Budiño na Coruña e disco novo de Isidro Vidal.
    12 min
  • 'Meigas', o disco galego de Pamela Rodríguez
    Do Perú á Coruña. Pamela Rodríguez preséntanos 'Meigas', o seu primeiro disco galego. O traballo inclúe versos de Rosalía e colaboracións de Guadi Galego e Iván Ferreiro. O disco ten bases electrónicas e letras que reivindican a liberdade, o erotismo e a madurez. Pamela Rodríguez presenta o disco no Riquela Club de Santiago o vindeiro venres 23 de febreiro.
    20 min
  • Anda, Diana
    Afonso Becerra achéganos a peza ´Anda, Diana`, da coreógrafa e bailarina lusa Diana Niepce, en cadeira de rodas dende hai dez anos.
    A artista protagoniza unha danza na que dous bailaríns a van movendo sobre o escenarioi.
    30 min
  • Náufragos Teatro estrea 'Noso'
    Náufragos Teatro estrea 'Noso', unha “dramedia” que no marco das mobilizacións contra os parques eólicos no rural explora as relacións familiares e os vínculos co territorio.
    10 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube