Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • 'Os coleccionistas de sombras'
    O artista Vicente Blanco expón na galería Néboa de Lugo 'Os coleccionistas de sombras'. Unha serie de debuxos que crean un estado mental no que paira a tensión causada na sociedade actual pola perda de biodiversidade, de tradicións e formas culturais. A exposición pode visitarse ata o 13 de abril.
    11 min
  • Cantos vinilos se venden?
    Tito Lesende debulla as vendas globais de discos e pica cancións de varios grupos: Mundo Prestigio publica disco o 7 de marzo; escoitamos o novo son De Ninghures e, ademais, Los Planetas pasarán este verán polo Atlantic Fest.
    18 min
  • 'Priscila' e 'Buscado a Coque'
    Xa nos cines a última de Sofía Coppola. ´Priscila´ narra a relación entre Elvis Presly e a única muller coa que casou.
    ´Buscando a Coque´é unha comedia romántica española que supón o debut na pantalla grande de Teresa Bellón e César F. Calvillo.
    18 min
  • Entroido enfeitizado
    Begoña Vázquez entrevista a María Maquiera ao respeco da súa exposición ´Entroido Enfeitizado`. A mostra recolle 18 debuxos que ilustran o relato homónimo do cineasta Carlos Velo.
    Na galería Visol de Ourense.
    8 min
  • Chévere estrea 'Helen Keller, a muller marabilla?'
    A compañía de teatro Chévere estrea en Compostela 'Helen Keller, a muller marabilla?'. "Creamos un dispositivo que ironiza sobre o traballo do teatro documental e o noso propio traballo dos últimos anos", asegura o director Xesús Ron nunha entrevista no Diario cultural.
    11 min
  • Teatro sobre o porno na adolescencia
    Talía Teatro prepara unha montaxe escénica sobre o impacto da pornografía na adolescencia. A compañía acaba de realizar sesións de teatro foro en institutos para escoitaren as opinións de mozos e mozas entre os 14 e 16 anos.
    15 min
  • Os gañadores dos Premios DeVuego
    Luz Castro achéganos a ´Minabo`, finalista na categoría Arcade. Tamén a ´Pan y Federico¨, mellor xogo de plataformas. Asemade aos gañadores dos DeVuego en estratexia, acción e condución: ´Do not feed the monkeys 2099´, ´Laika: aged trough blood´e ¨Siper Woden GP2`.
    13 min
  • Poesía das diversidades
    A nosa experta Loli Vilavedra tráenos a antoloxía comentada de Román Raña sobre a poesía que lemos en 2020. Baixo o título ´Poemario das diversidades´, o autor vigués repasa as publicacións no ano da pandemia
    11 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube