Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • 'Ferrari' e 'A cor púrpura'
    'Ferrari', de Michael Mann, achéganos a un ano crucial na vida de Enzo Ferrari na década dos cincuenta do século XX. Está protagonizada por Adam Driver e Penélope Cruz..
    'A cor púrpura', de Sam Blitz, é a adaptación da novela do mesmo título (xa levada ao cine) en clave de musical.
    9 min
  • 'Rapa', 'O corno' e 'Matria', as favoritas dos Mestre Mateo
    Alfonso Blanco, director da produtora Portocabo, feliz coas 18 candidaturas aos Mestre Mateo: 16 pola segunda temporada da serie Rapa e 2 por Os argonautas.
    A directora de O corno, Jaione Camborda fala das 14 nominacións aos Mestre Mateo e da cita cos Goya este sábado.
    Álvaro Gago, director de Matria. A película suma 12 candidaturas para o certame anual do audiovisual galego, a celebrar o 23 de marzo, e dúas nos Goya.
    17 min
  • String Quartets from Galicia
    O noso experto en música clásica fálanos de String Quartets from Galicia, gravado e editado por Pablo Barreiro no Auditorio de Galicia. Contén tres obras inéditas dos galegos Marcial del Adalid, José Arriola e Juan Durán.
    13 min
  • 'Interior dun coche fúnebre'
    Eva María Gontad fala da súa obra de ficción sonora, que escoitamos a seguir. Trátase da terceira das premiada na terceira edición do certame Escoitamos teatro, unha iniciativa da Fundación SGAE en colaboración coa Radio Galega.
    16 min
  • Mercedes Vázquez Saavedra, fotógrafa do Entroido
    Neste Diario Cultural conversamos con Mercedes Vázquez Saavedra, a fotógrafa sarriá que leva varias décadas documentando as diferentes manifestacións do Entroido. Algunhas das súas imaxes de máscaras poden verse ata o 14 de febreiro no Museo Torres de Marín, na mostra 'Viaxe polo mundo da máscara'. O seu traballo etnográfico sobre o Entroido, a vida rural e as mulleres da raia valéronlle recoñecementos como o título de Mestra da Memoria que lle concedeu AELG hai uns meses.
    17 min
  • Cine e arte. Lois Patiño e Pedro Costa na Luis Seoane
    Mónica Maneiro comenta dúas mostras protagonizadas por cineastas que acolle a Fundación Luis Seoane da Coruña. Unha delas é a mostra 'Canción de Pedro Costa', producida por La Virreina Centre de la Imatge de Barcelona, que está comisariada por Javier Codesal e pode visitarse ata o 17 de marzo. A segunda recomendación é a mostra 'Lois Patiño. Marea', que está aberta ata o 4 de abril.
    11 min
  • Canas ao vento
    Dolores Vilavedra preséntanos a obra máis famosa da escritora sarda Grazia Deleddda, Nobel de literatura en 1926. Agora sae publicada en galego coa tradución de María Alonso.
    10 min
  • Seguimos escoitando teatro: 'Encerrado'
    Peza premiada na terceira edición de Escoitamos Teatro. Transcorre no ascensor dun tanatorio, onde está o velorio dunha universitaria asainada. Previamente Begoña Vázquez preséntanos ao seu autor, José Luís Baños., que debuta na ficción sonora.
    17 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube