Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • 'Paco Pestana. O curto voo dun paspallás'
    A Fundación Eugenio Granell inaugura a exposición 'Paco Pestana. O curto voo dun paspallás' este xoves 1 de febreiro. A mostra está comisariada por Cristina Carballedo e poderá visitarse ata o 31 de marzo. Esta exposición parte de revisitar o proxecto plástico e vital do artista Paco Pestana, a través dunha aposta expositiva que xira arredor de obras, documentación e outros elementos do artista, que se atopan en coleccións particulares tentando amosar a intensa personalidade deste artista nun percorrido pola arte a través da amizade. Non se trata dunha exposición antolóxica senón dun roteiro emocional por pezas de persoas que compartiron amizade, traballo, experiencias ou proxectos co artista.
    10 min
  • A nova xira de Brais Morán & Nasaufunk
    Na sección de voces expertas, Tito Lesende propón unha combinación de ritmo e melodía. Abrimos con Brais Morán & Nasaufunk, que comezan xira de concertos do novo disco, e seguimos coa colaboración do vasco Zetak con Fillas de Cassandra, que axiña comezan unha nova temporada de concertos. Despois, na parte melódica, o novo álbum do chileno Benjamín Walker e o 50º aniversario do "Band on the run" de Paul McCartney & Wings.
    19 min
  • 'A terra prometida' e 'A raíña do convento'
    Moncho Lemos comenta o drama épico 'A terra prometida', unha película dinamarquesa ambientada no século XVIII. A segunda longametraxe é unha comedia española callada de caras coñecidas. 'A raíña do convento' é o debut coma protagonista de Mario Vaquerizo.
    13 min
  • 'Rematou o simulacro', de Loita Amada
    Loita Amada vén de publicar o seu novo disco baixo o título 'Rematou o simulacro'. O novo traballo foi gravado en Garate Estudios da man do produtor vasco Kaki Arkarazo. O disco preséntase o sábado 3 de febreiro en 'O Candil de Silvia', na Estrada. Estarán acompañados polo grupo vasco Rúkula.
    22 min
  • 'Unha vida viquinga', na Cidade da Cultura
    A exposición 'Unha vida viquinga' é unha inmersión na cultura e a descuberta dun novo xeito de vivir. A mostra racha cos estereotipos arredor do mundo viquingo e ofrece unha nova ollada sobre a historia. Na exposición facemos un percorrido dende a infancia, o rol dos meniños na casa familiar ata que son adolescentes e chegan a vida adulta. Neste Diario Cultural facemos unha viaxe no tempo coa doutora e investigadora Irene García Losquiños, que é a comisaria da exposición.
    11 min
  • '¡Bon Hiver! Pinturas estacionais', de Javier Arce
    Na sección de arte, Mónica Maneiro recomenda a mostra titulada '¡Bon Hiver! Pinturas estacionais', na Fundación DIDAC de Santiago de Compostela. A exposición é obra do artista santanderino Javier Arce.
    Nesta exposición a pintura é protagonista a través de once obras de pequeno formato, realizadas a partir da observación do medio natural dende o espazo íntimo da vivenda do artista e a súa familia na montaña de Cantabria.
    12 min
  • Chichi Campos no Día da Ilustración
    Como cada 30 de xaneiro, o Día da Ilustración busca reivindicar o labor dos profesionais do debuxo homenaxeando a un ilustrador galego. Nesta ocasión lembramos a figura de Chichi Campos. Facémolo acompañados de Nico Campos, compañeiro da Televisión de Galicia e fillo do ilustrador.
    15 min
  • 'Happy end', de Mario Caneiro
    A nosa experta literaria Dolores Vilavedra vén nesta ocasión cunha obra de Mario Caneiro. Trátase de 'Happy end', un libro editado por Barbantesa e que conta... con catro finais felices!
    13 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube