Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • Unha oda ás salas de concertos
    Tito Lesende reivindica a importancia das salas e locais que programan música en directo durante todo o ano. Escoitamos cancións de artistas que poderemos ver en vivo proximamente. Javi Maneiro comeza o 3 de febreiro en Boiro unha xira de presentación do seu disco 'Un bonito despertar' que o levará tamén por Ourense, A Coruña, Lugo, Vigo, Ferrol e Pontevedra. O 8 de marzo actuará na sala Capitol a estadounidense Acantha Lang, unha voz prodixiosa de soul e blues. Os garaxeiros suecos Devil Dogs pasarán polo Garufa Club da Coruña o 29 de maio; o día 24 do mesmo mes tocará na Mardi Gras a madrileña Nat Simons co seu proxecto 'Felinas'.
    15 min
  • A arquitectura indiana en Galicia
    O Consello da Cultura Galega vén de publicar un informe no que analiza as características arquitectónicas do fenómeno indiano. Afondamos nos aspectos que definen este tipo de arquitectura en Galicia e as vías para protexela e conservala.
    15 min
  • A industria musical galega en datos
    O informe "Impacto da Industria Musical en Galicia: tendencias, retos e oportunidades" está impulsado pola Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) e foi realizado por un equipo de investigación da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Recolle valores do ano 2022 mediante un proceso de investigación social e económica con rigor académico, mediante a sistematización de información baseada en cuestionarios cuantitativos respondidos por axentes do sector e grupos de enfoque para plasmar puntos devista de índole máis cualitativa.
    13 min
  • Percorrendo a felicidade
    A Real Filharmonía de Galicia fará acto de presenza en Santiago, no Auditorio de Galicia, e en Vigo, no Teatro Afundación, no marco do seu novo programa 'Percorrendo a felicidade'. Será o debut de Rita Castro Blanco á fronte da Real Filharmonía de Galicia.
    15 min
  • Cen anos de 'La leyenda del beso' de Soutullo
    O 18 de xaneiro de 1924 estreouse en Madrid 'La leyenda del beso', unha das zarzuelas que o ponteareán Reveriano Soutullo asinou con Juan Vert, e unha das súas obras máis célebres. Aproveitando a efeméride a orquestra Clásica de Vigo organiza un ciclo de concertos, conferencias e charlas que comeza o 26 de xaneiro. Escoitamos os musicólogos Alejo Amoedo e Xaime Estévez, dous dos participantes no ciclo 'Prólogo a Soutullo. Senda para un centenario'.
    17 min
  • Tres artistas con poder interior
    Mónica Maneiro comenta a mostra colectiva 'Poder interior', que reúne na galería 'Luisa Pita' obras das galegas Menchu Lamas e Rut Massó e
    da venezolana Ana Margarita Ramírez. A galería prepara exposicións individuais das tres artistas para 2024 e 2025.
    12 min
  • Alfonso Deus, no Vello Cárcere de Lugo
    O Vello Cárcere de Lugo acolle ata o 15 de febreiro unha exposición de acuarelas e cadros en relevo do pintor, mestre e músico coruñés Alfonso Deus. A mostra é o resultado do traballo de catro anos de pintura, con 130 acuarelas e 40 cadros en relevo. Unha reportaxe de Isabel Freire.
    17 min
  • Do libro á galería de arte
    A Galería Metro de Santiago acolle a mostra 'Criptografías', que reúne a parte visual do poemario do mesmo nome que Baldo Ramos e Pepe Cáccamo publicaron en 2023 coa editorial Alvarellos.
    Ramos e Cáccamo levan unha década colaborando en proxectos conxuntos de poesía visual e obxectual ata chegar a este traballo no que a autoría individual desaparece e o humor convive coa profundidade. 'Criptografías' pode visitarse ata o 9 de febreiro.
    11 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube