Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • Un paseo pola Alta Idade Media
    Mario César Vila visítanos acompañado doutro arqueólogo, José Carlos Sánchez Pardo, profesor da USC. Falamos da Alta Idade Media, da formación dos arqueólogos e arqueólogas do futuro, do novo mestrado de Patrimonio Cultural Dixital e sobre o maior interese social no patrimonio.
    19 min
  • 'Cantares do Brión', con textos de Bernardino Graña
    Emilio Españadero recomenda a actuación en directo do coro galego 'Cantares do Brión', con música de Suso Vaamonde a partir do texto de Bernardino Graña. Entre as novidades en música tradicional, o grupo Fixe Trío, formado por Blanca Marigómez, Joel Fontán e Xela Conde, presenta un novo tema musical: 'Seis', unha fusión entre unha muiñeira e un cantar.
    14 min
  • Grans de area de arquitectura
    A rexeneración do paseo marítimo de Bouzas, a recuperación dos baños de San Xusto no concello de Cerdedo-Cotobade, un novo hotel nunha casa chea de memoria en Celanova. Son tres dos proxectos galardoados polos premios Gran de Area, que conceden as delegacións de Vigo, Ourense e Pontevedra do Colexio de Arquitectura. Once intervencións que fan achegas pequenas pero importantes á arquitectura e á posta en valor da súa contorna. Coñecémolas con algúns dos arquitectos premiados con Emma Noriega, integrante do xurado e presidenta da delegación de Ourense do COAG.
    20 min
  • Contos e cantos
    Eva Mejuto recomenda dous libros con texto e música. 'Silforiña' é un álbum ilustrado escrito por Elena Paz, ilustrado por Carlota Diz e editado pola agrupación musical e teatral Golfiños. O texto narra a historia dunha nena que prefire imaxinar o mundo a percorrelo e que vai descubrindo emocións como o medo e a tristura, o paso do tempo e o silencio. As cancións atoparémolas nun código QR que acompaña o libro.
    A segunda proposta é 'Polina, a pulguiña', con texto de Leticia Gancedo e ilustracións de Mar Ferrero. O libro está editado por OQO e conseguiu o Premio Internacional de Álbum Ilustrado de Fuengirola. Polina é unha pulga sempre acompañada do seu banjo, que se perde camiño dun concerto. Tamén un código QR nos levará á lista de cancións para escoitar.
    10 min
  • O 40 aniversario da Orquestra Clásica de Vigo
    Era xaneiro de 1984. Un grupo de músicos novos da cidade de Vigo reuníase para atopar un punto común arredor da música. Foi o primeiro chanzo para formar a Orquestra Clásica de Vigo. Entre os novos músicos estaba Manuel Martínez Álvarez, fundador e director da Orquestra Clásica de Vigo. A Orquestra naceu co obxectivo principal da formación nun contexto onde aínda non había ningunha orquestra profesional en Galicia.
    Neste Diario Cultural entrevistamos a Manuel Martínez Álvarez, fundador e director da Orquestra Clásica de Vigo. Tamén descubrimos a pegada que deixou esta Orquestra nos músicos que formaron parte dela.
    16 min
  • 'Eu fraude', de Paula Pier
    Afonso Becerra recomenda 'Eu fraude', de Paula Pier, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. É unha peza que rompe os moldes e cuxa historia vital está fóra do escenario. 'Eu fraude' é unha fusión de xéneros, que combina música, danza, interpretación e canto. Unha historia de amor propio, de quitar as caretas e mirar dentro de nós. O espectáculo rompe coa arte do finximento propia do teatro, o mundo das superficialidade e as apariencias. O teatro, como a vida, pode ser, en moitas ocasións, unha fraude. Esta peza artística está protagonizada por Paula Pier, Chus López, Sandra Pérez e María Velasco.
    12 min
  • Concerto en homenaxe a Rogelio Groba
    A Orquestra de Cámara Galega interpretará varias obras de Rogelio Groba nun concerto homenaxe no Teatro Colón da Coruña o sábado 20 de xaneiro. A Radio Galega gravará a actuación para a súa emisión posterior. Groba, finado nos últimos días de 2022 con 92 anos, deixou un enorme corpus de 735 composicións, que a Fundación Groba está gravando e dixitalizando.
    13 min
  • Carlos Ares, Sleater-Kinney, Pamela Rodríguez e Jacobo Serra
    O menú musical de Tito Lesende comeza desta vez co músico coruñés Carlos Ares e unha das cancións do seu primeiro disco, 'Peregrino'. Escoitamos tamén unha das pezas de 'Little Rope', o undécimo álbum das estadounidenses Sleater-Kinney.
    Entre as opcións de música en vivo, destacamos a Pamela Rodríguez, que empeza o ano con concertos en Santiago e Coruña. Julián Seijas, baixista de Pamela Rodríguez, forma parte tamén da banda de Jacobo Serra, o último prato desta sesión musical.
    16 min
  • 'Medio século tras a a idea, Glaucón', de José Antonio Ocaña
    O escultor José Antonio Ocaña presenta a exposición 'Medio século tras a a idea, Glaucón', no centro municipal José Ángel Valente de Ourense. A mostra é unha viaxe a través de 50 anos de traxectoria artística. Neste Diario Cultural reflexionamos con José Antonio Ocaña sobre a súa vida artística dende a súa primeira exposición no 1969.
    17 min
  • 'A zona de interese' e 'O correo'
    Moncho Lemos analiza as últimas estreas cinematográficas. A película 'A zona de interese', dirixida por Jonathan Glazer a partir dunha novela de Martin Amis, é unha nova ollada ao Holocausto. O filme amosa a tranquilidade coa que vive a familia dun comandante nazi a poucos metros de Auschwitz. O filme reflicte a normalidade fóra dos campos de concentración. O espectador sabe que Auschwitz está ao outro lado dun muro, pero en ningún momento ve imaxes do campo. O resultado é un relato de constraste que evidencia a capacidade do ser humano para facer o mal.
    Moncho Lemos tamén recomenda 'O correo', dirixida por Daniel Calparsoro e protagonizada por Arón Piper, María Pedraza, Luis Tosar e Luis Zahera. O filme é un thriller policial, baseado en feitos reais, que narra a historia dun ambicioso mozo de Vallecas que acaba integrado nunha organización internacional de branqueo de capitais.
    10 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube