Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • 'Revolución Chic', novo disco de Brais Morán
    Brais Morán presenta o seu novo disco 'Revolución Chic'. Son músicas que convidan ao baile, que nos fan viaxar ao futuro e que espertan a imaxinación do oínte. No Diario Cultural facemos unha viaxe pola súa traxectoria musical. Brais Morán explica que este disco é o resultado de moitas experiencias profesionais e persoais. A súa música é unha viaxe ás discotecas dos anos 70 e tamén unha visión do futuro. 'Revolución Chic' é unha aposta artística revolucionaria.
    18 min
  • Os premios DeVuego
    Luz Castro analiza o desenvolvemento español no mundo dos videoxogos a través dos premios DeVuego, que celebran o décimo aniversario. Esta semana está aberta a fase de preselección para que os usuarios voten os seus favoritos. Son uns premios de público porque os usuarios e afeccionados teñen un papel moi relevante nas votacións. Entre as novidades, un galardón especial ao Mellor Estudo Novel do Ano. Analizamos con Luz Castro os novos proxectos e os últimos avances no sector.
    10 min
  • Xackal, unha viaxe sonora irresistible
    Xackal presenta o seu primeiro disco longo 'Vén forte ben forte', unha viaxe sonora desprexuizada, vestida de electrónica, ritmos latinos e conexións atlánticas, da bossa ao house pasando pola música de raíz galega e outros moitos ritmos. O trío, formado por Nano Suárez de Lis, Gael Mvundi e Javi Otero, actúa o sábado 20 de xaneiro na sala Rebullón de Mos. Nesta entrevista regálanos unha versión en vivo da súa canción 'Cabo Victoria'.
    23 min
  • A pintura vital de Correa Corredoira
    A exposición ‘Lugar sen medida’ está inspirada na visita de Correa Corredoira a Namibia para crear unha rosa dos ventos similar á que ideou ao pé da torre de Hércules. A exposición inclúe máis de cen pinturas e debuxos que recollen a pulsión vital que caracteriza a obra de Correa, aquí representada polas imaxes de África, da natureza e os animais que a poboan, do erotismo e da vida.
    6 min
  • 'Antropotectura', de Jose Perozo
    O escultor vigués Jose Perozo amosa na galería coruñesa Monty4 unha serie de 19 pezas en madeira e cemento. A exposición 'Antropotectura' parte da idea de que a pel que habitamos é o noso refuxio. É unha reportaxe de Isabel Freire.
    15 min
  • Plásticos no cosmos
    A contaminación por plásticos non só é un problema no mar. Estíbaliz Espinosa fálanos da enorme cantidade de ferralla orbital que rodea o noso planeta e do lixo depositado na Lúa. Con mención á oceanógrafa Ángeles Alvariño, versos de Luísa Villalta e música de Brais Morán e Ugia Pedreira.
    13 min
  • 'Circumterra', de Amalgama
    Emilio Españadero repasa as novidades na música de raíz. O grupo ‘Amalgama’ presenta o seu disco ‘Circumterra’, unha homenaxe do quinto centenario da primeira volta marítima ao mundo. É un disco conceptual que percorre os lugares da travesía a través das súas músicas tradicionais.
    12 min
  • 'Iribarne', unha sátira teatral sobre Manuel Fraga
    Despois da súa presentación en Madrid o pasado outono, chega a Galicia esta corrosiva revisión escénica da figura política de Manuel Fraga e da nosa historia recente. Esther Carrodeguas é a autora da peza, unha coprodución da compañía Butaca Zero co Centro Dramático Nacional e a MIT de Ribadavia. Dirixida por Xavier Castiñeira, forman o elenco Mónica García, Jorge de Arcos, Anxo Outomuro, Lidia Veiga, Xurxo Cortázar e a propia Esther Carrodeguas. ‘Iribarne’ pasará nos próximos meses por Santiago, Pontevedra, O Barco, Vilagarcía, A Coruña, Lugo, Tomiño, Cangas, Narón e Ribadavia.
    17 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube