Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • Abraham Cupeiro percorre o país co proxecto 'Mythos'
    O músico e construtor de instrumentos Abraham Cupeiro percorrerá o país co seu proxecto 'Mythos', unha viaxe musical para atopar lóxica á orixe do universo a través da música e as historias primixenias creadas polos pobos dende tempos inmemoriais. A xira comeza o próximo 1 de febreiro en Ferrol e o disco publicarase en todas as plataformas o día 7 do mesmo mes.
    18 min
  • Doenzas e características xenéticas con perspectiva de xénero
    Na sección de cultura científica, Estíbaliz Espinosa explica conceptos relacionados coas doenzas ou características xenéticas da muller: o concepto de Matrescencia, o ADN mitocondrial ou as diferenzas en síntomas como os do infarto de miocardio. Tamén descubrimos como o espazo e as estancias en órbita afectan de xeito diferente a homes e mulleres.
    11 min
  • Primeiros nomes do Festival de Ortigueira
    Na Feira Internacional de Turismo celebrada en Madrid déronse a coñecer as primeiras confirmacións para o Festival Internacional do mundo celta de Ortigueira. Entre elas están Peoples Ford Boghall & Bathgate Caledonia Pipe Band, Fillas de Cassandra, María Pérez, Sara Faro, Escola de Gaitas de Ortigueira ou Green Lads.
    12 min
  • O oficio da restauración e a conservación
    O 27 de xaneiro celébrase o Día Internacional do Conservador e do Restaurador. No Diario Cultural visitamos o Museo Granell en Compostela para falar con Lorena Rodríguez, conservadora e restauradora; e con Eduardo López Valiña, conservador xefe da fundación Granell. Descubrimos con eles os segredos do seu oficio.
    20 min
  • 'O dicionario dos seres míticos galegos'
    Na colaboración de literatura infantil e xuvenil, Eva Mejuto fálanos de seres máxicos e míticos, un fondo de armario dos clásicos contemporáneos reeditados e unha novidade editorial.
    Neste 2024, a literatura celebra o 25 aniversario da saída do prelo dun dos libros máis coñecidos e celebrados da nosa literatura: 'O dicionario dos seres míticos galegos' de Xerais. Os autores son Xoan R. Cuba, Antonio Reigosa e Xosé Miranda, con ilustracións do galegocubano xa falecido Lázaro Enríquez.
    Neste Diario Cultural tamén descubrimos 'A nave dos fatos', un álbum ilustrado de Ana G. Lartitegui. Esta obra está publicada pola editora vasca 'A Fin de Cuentos', que por primeira vez traduce un dos seus libros ao galego.
    9 min
  • 'Pequefilmes': unha finde de película
    O 'Pequefilmes' dá comezo na Cidade da Cultura para entreter a todos os cativos... e non tan cativos. Conversamos co director deste festival infantil de referencia en Galicia sobre as claves e o máis destacado que poderemos ver esta finde.
    16 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube