Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • 'Fremosas', un proxecto de Barahúnda para divulgar as cantigas medievais
    'Fremosas' é un libro musical que inclúe once cantigas medievais musicadas por Barahúnda e información sobre poemas, trobadores e o contexto da lírica galego-portuguesa.
    Helena de Alfonso e Jose Lara Gruñeiro formaron o grupo folk Barahúnda en Madrid no ano 1998 e xa incluíron nos seus primeiros discos composicións a partir de cantigas medievais galego portuguesas. Agora dedícanlle a este corpus literario un proxecto completo, co que aspiran a estender o coñecemento e desfrute destas cancións con voz de muller.
    21 min
  • Poemas medievais e salgaduras romanas
    Mario César Vila fálanos hoxe de como as cantigas medievais proporcionan información sobre as mulleres daquela época, como recolle o libro 'Mulleres medievais: textos e imaxes na lírica galego-portuguesa', unha achega pluridisciplinar publicada pola USC. Tamén nos dá conta do achado de restos dunha salgadura romana no castro Alobre, en Vilagarcía.
    9 min
  • Última chamada
    Santiago Cortegoso , coordinador de Escoitamos Teatro, tráenos Última chamada, de Francisco Manuel Peleteiro. Trátase da primeira das tres obras gañadoras na terceira edición do certame que organiza a SGAE en colaboración coa Radio Galega.
    19 min
  • 'Marea', de Lois Patiño
    "Sempre teño que encontrar un elemento de vontade de innovación na forma cinematográfica". Lois Patiño presenta na Fundación Luís Seoane a exposición “Marea”. Con esta nova mostra explora a amplitude do visual e do narrativo, entre a observación e a palabra.
    12 min
  • 'As cordas invisíbeis ', de Aida Saco e Marcos de la Fuente
    Esta semana presentouse en Nova York o proxecto 'As cordas invisíbeis', unha creación de dous artistas galegos que viven nos Estados Unidos. Aida Saco Beiroa naceu en Rianxo, pero vive en Nova York. Leva dous anos na prestixiosa Manhattan School of Music cunha beca do Ministerio de Cultura. Por outro lado, Marcos de la Fuente leva cinco anos integrado xa na escena poética de Nova York. Alí organiza eventos culturais e colabora con músicos e poetas americanos. Os dous artistas galegos atópanse en Nova York e unen forza creativa neste proxecto que mestura piano e voz, inspirados polo 'Duende' de Lorca que aínda -din- segue na cidade dos rañaceos.
    19 min
  • Os Premios da Fundación Catro Gatos
    Na sección de voces expertas, Eva Mejuto fala dos Premios da Fundación Catro Gatos que, desde hai dez anos, esculcan e escollen os mellores libros infantís e xuvenís de todo o mundo. Moitos dos premiados ou finalistas son de autoría galega: pode ser pola editora, polos escritores ou ilustradores ou ben porque tamén os temos en lingua galega.
    10 min
  • Na casa deles
    Primeira parte do traballo dedicado aos poetas lugueses e ás poetisas (proximamente Na casa delas...) Vídeos que fan semblanza da vida e obra de poetas como Lorenzo Varela, Darío Xohán Cabana, Álvaro Cunqueiro, Uxío Novoneyra, Manuel María, Luis Pimentel, e o pobo galego como autor anónimo, e pezas musicais sobre a obra destes autores, interpretadas por Son de Corda acompañad@s por pianistas colaboradores.
    16 min
  • Afonso Becerra tráenos un Souvenir
    Afonso Becerra preséntanos unha compañía de teatro de recente creación: Souvenir. Coa súa primeira peza ´Non é unha canción´, veñen de gañar a quinta edición do Festival Pezas dun teatro do Porvir.
    11 min
  • 'Hamlet, o de Cunqueiro', na Cidade da Cultura
    O ciclo 'Clásicas desfeitas' permite recuperar clásicos da literatura galega e universal a través doutras disciplinas artísticas. A proposta 'Hamlet, o de Cunqueiro' mestura as disciplinas do teatro e os videoxogos. Cada representación ofrecerá unha resposta distinta a tres cuestións sobre o amor, a morte e as relacións familiares. O público participa de forma directa na obra, polo que o desenlace da historia dependerá dos espectadores convertidos en xogadores.
    Neste Diario Cultural viaxamos ata os lugares agochados e segredos da Cidade da Cultura e entrevistamos a Beatriz Legerén, do grupo de innovación docente ComTecArt da Universidade de Vigo; e a Karol Nurza, da Compañía Teatral Boccaccione de Brasil.
    12 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube