Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • Chévere sobe á escena a lingua de signos
    A compañía Chévere estrea a montaxe 'Helen Keller, a muller marabilla?', unha obra que parte da figura da primeira persoa xordocega en titularse na Universidade, a estadounidense Helen Keller. O modelo de superación no que foi convertida agachou a súa faceta de activista en favor de causas como o pacifismo, o sufraxismo ou o comunismo. A compañía Chévere volve cuestionar os relatos oficiais neste espectáculo, que combina en pé de igualdade o galego e a lingua de signos e ironiza sobre as ferramentas do teatro documento.
    23 min
  • Territorios da Entropía
    O noso expero en música clásica achéganos unha proposta da RFG para mañá en Santiago e o venres en Vigo.
    Coa dirección de Sebastian Zinca e Judith Jáuregui ao piano han interpretar Entropía, de Inés Badalo. Noches en los jardines de España (orq. Bética) de Manuel de Falla e Sinfonía en Re, de Juan Crisóstomo de Arriaga.
    11 min
  • Finalistas dos María Casares
    Falamos con Tito Asorey, director de ´Unha inimiga do pobo`, de Talía Teatro; Álex Sampaio, director de ´Hamelin`, de Redrum Teatro e Víctor Mosqueira, protagonista de ´O Auto do Castromil`, de Producións Teatrais ExcéntricAS en coprodución co CDG.
    As tres montaxes son as favoritas para os premios María Casares, que se coñecerán no decurso da gala do vindeiro 21 de marzo.
    17 min
  • 'Míticas pero secundarias'
    Antón Reixa e Antela Cid recuperan personaxes da mitoloxía grega en 'Míticas pero secundarias'. Un díptico escénico que pecha a última edición ciclo 'Clásicas desfeitas' na Cidade da Cultura.
    'A infeliz felicidade e o prezo do aceite' é unha conferencia satírica na que Reixa une a Polícrates e a Rosalía, mentres que en 'Tres somos ti' Cid encarna tres mulleres silenciadas pola dramaturxia clásica: Ismene, Crisótemis e Políxena. Será o 23 e 24 de febreiro ás 20:30 no Edificio Fontán da Cidade da Cultura.
    17 min
  • A cor púrpura
    Dolores Vilavedra achéganos a tradución de Moisés Barcia para a editorial Rinoceronte desta novela de Alice Walker gañadora do Pulitzer.
    30 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube