Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • 'Vigo no Tempo': identidade e cultura urbana
    “Vigo no Tempo” é unha mostra que busca reivindidar a identidade e a cultura urbana da cidade. É a quinta entrega do proxecto “Cidades no Tempo”. Falamos co seu comisario, Manuel Gago, e co coordinador local da mostra, Manuel Bragado.
    18 min
  • Cineuropa e a Real Filharmonía
    Como é habitual dentro da programación de Cineuropa, a Real Filharmonía de Galicia participará tocando música de compositores de cine e poñendo tamén música a unha composicion en directo. Cóntanolo Luís Miguel Crespo.
    11 min
  • IV Butaca de Jazz
    Gozar do Jazz e doar comida para o banco de alimentos local. Esa é a proposta do ciclo Butacas de Jazz, que cada venres deste mes de novembro na Coruña encherá de música a sala de concertos de Afundación cun fin solidario. Falamos coa produtora Inés Portela
    14 min
  • 'A inmoral doutora Cons'
    Dolores Vilavedra tráenos a recomendación literaria da semana: 'A inmoral doutora Cons', escrita por Roberto Fernández Álvarez e editada por Aira. Gañadora do Premio Blanco Amor de Novela 2022.
    14 min
  • Como formarse para traballar en cultura
    Repasamos algunhas das opcións que ofrecen as Universidades galegas para formarse no ámbito cultural. Desde o grao en Xestión Cultural da USC no campus de Lugo, co seu mestrado en Servizos Culturais, ata títulos de posgrao propios como a nova titulación de especialista universitario na industria musical que ofrece a Universidade de Vigo.
    21 min
  • Música tradicional en directo!
    Emilio Españadero vén con varias propostas de música en directo: A Festa do Trece, en Narón; ciclo Músicas para recrear, no Campus de Pontevedra da Uvigo; e o Festival Folk Canarias, no que estará Ailá.
    13 min
  • Festival de Teatro Valacar
    Durante este mes celébrase na Coruña o Festival de Teatro Valacar. Organizado pola ONCE, ten como obxectivo cambiar a forma na que se percibe a arte e a integración na cidade. Falamos co director do grupo e varios actores.
    20 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube