Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • A Foliada da Fonsagrada e a conservación da tradición
    A Asociación Cultural Petapouco e a Destempo está formada por un grupo de rapaces e rapazas que busca achegar a cultura, sobre todo aquela propia das Terras de Burón (A Fonsagrada), aos máis novos e poñelos en contacto, á súa vez, con grandes mestres e mestras aínda vivas que promovan a conservación da propia tradición oral e musical.
    14 min
  • Teatro para poñerse na pel das persoas refuxiadas
    ‘Vía Morta’ é un espectáculo teatral inmersivo que sitúa o público nun campo de persoas refuxiadas. A montaxe parte dun texto do escritor e actor Carlos Olalla, inspirado polas visitas a campos de refuxiados do colectivo Pallasos en Rebeldía. Dirixe o espectáculo Eva Egido e forman o elenco Iván Prado, Anabell Gago, Fran Rei e Rocío Salgado. ‘Vía Morta’ estréase o domingo 10 de decembro no auditorio Constante Liste do concello coruñés de Teo.
    19 min
  • As cores do cosmos
    Neste ‘cosmic latte’ con Estíbaliz Espinosa falamos da paleta cromática do cosmos e da evolución biolóxica do xénero homo. Escoitamos versos de Virginia Aguilar Bautista e música de Fanny & Alexander.
    11 min
  • DKTC, Santi Araújo, Queralt Lahoz e Shane MacGowan
    Tito Lesende avánzanos unha das cancións do disco-fanzine que Dios ke te Crew repartirán este 2 de decembro no concerto que culmina as celebracións dos seus 20 anos de traxectoria: unha relectura de ‘Silencio’ a cardo de Karma Sound. Escoitamos ‘Baile’, o primeiro adianto do disco que publicará Santi Araújo en 2024 e ‘El alijo’, o novo tema de Queralt Lahoz. E despedimos a Shane MacGowan con ‘Fairytale of New York’, a panxoliña triste que The Pogues e Kirsty MacColl gravaron en 1987.
    14 min
  • Jon Jost e a 'Casa do silencio'
    Estréase ‘Casa do Silencio’, o filme rodado en Galicia polo cineasta de culto estadounidense Jon Jost. Unha película poética e musical, enraizada na nosa cultura e inspirada polos tabús familiares. Participan en ‘Casa do Silencio’, poetas como Ismael Ramos, Antón Lopo ou Xiana Arias e músicos como Ugia Pedreira ou Gabi Reboredo. A Filmoteca de Galicia e Numax dedícanlle a Jost un ciclo de proxeccións durante esta semana. Conversamos co cineasta e con Ramom Pinheiro, director d´ACentral Folque, que produciu a película.
    17 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube