Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • 'Carta Branca' en Galería Nordés
    A mostra inaugura o ciclo ‘Carta Blanca’ no que os artistas presentarán un proxecto con total liberdade creativa no que deben acompañalos outros dous creadores. Nesta ocasión é Julia Huete quen escolleu a Ánxel Huete e Kiko Pérez para ‘Autorretrato como gesto entre los dos’.
    12 min
  • O novo de Susana Seivane e Encrucillada
    Emilio Españadero aborda hoxe varias cuestións: ‘Sete’, o novo traballo discográfico de Susana Seivane, o último do grupo Encrucillada e a celebración do XVIII Festival Internacional Rebulir en Ramirás (Ourense).
    14 min
  • Música a través da Banda de Guláns
    A banda de música Unión de Guláns, con escola de música propia desde hai máis de 100 anos, naceu en 1870 en Guláns, unha aldea de Ponteareas da man de José Carracedo Domínguez, fundador e primeiro director. É unha das formacións máis antigas de Galicia. Vituco pasouse por Gulán para falar de música, da banda e do premio con Rosario con Alicia Porto, directora da escola e da banda e con Noelia Lorenzo presidenta da banda.
    18 min
  • Libros do Hematocrítico para escachar coa risa
    Eva Mejuto homenaxea a Miguel López, Hematocrítico, recordando os sinais de identidade dos seus libros infantís: o humor e a sorpresa, a apelación á intelixencia da rapazada desde o humor e o afecto, a irreverencia, a falta de condescendencia… Como mostra, catro libros publicados en 2023: ‘Unha unicornia’, ‘Morto de fame’ e ‘Dona Problemas’ (Xerais) e mais ‘Vai polo pan’ (Cumio), unha obra do canadense Jean Baptiste Drouot que Hematocrítico traduciu ao galego.
    12 min
  • De Guadi Galego a Sempasúchil
    Tito Lesende escolleu música balsámica para esta ponte. ‘Mar’, unha das últimas cancións de Guadi Galego, que acaba de anunciar concertos especiais para 2024, baixo o título ‘Síntese Horizonte’. Tamén escoitamos a Guadi Galego en ‘Luz do norte’, a máis recente creación de Nastasia Zürcher. Presentamos un novo grupo, Sempasúchil, que estrea o 2 de decembro o seu primeiro disco: jazz e pop delicado a cargo de Antonio Casado, Ton Risco, Miguel Cabana e Alfonso Calvo. Poñemos o ramo cunha panxoliña rockeira que asina Bon Jovi.
    14 min
  • No foco de Mary Quintero
    Mary Quintero (Melide, 1931) é unha das profesionais máis relevantes da fotografía de estudo e a máis prestixiosa retratista galega da época. Comezou o seu camiño no mundo da fotografía nos estudos que rexentaron os seus pais en Melide e Lugo, onde descubriu a súa vocación polo oficio. Agora unha exposición baixo o título de "A imaxinación no interior dun estudo" mostra parte do seu traballo no Museo do Mar de Galicia en Vigo. Alí mantivo esta charla coa fotógrafa o noso compañeiro Vituco Neira.
    19 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube