Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • Balance artístico de 2023
    Mónica Maneiro repasa o 2023 no ámbito da arte contemporánea en Galicia: o trixésimo aniversario do CGAC, a celebración do Ano Picasso, aperturas de novos espazos artísticos, o futuro do museo Carlos Maside ou a participación de Galicia na Porto Design Biennale.
    14 min
  • Balance literario de 2023
    Dolores Vilavedra destaca a biografía de Basilio Álvarez, asinada polo historiador Miguel Cabo e publicada pola Deputación de Ourense. No xénero do teatro, sinala as obras de Ana Abad e Roberto Salgueiro.
    10 min
  • Regalos culturais para este Nadal
    Algunhas ideas de regalos culturais: libros especiais como a colección de Clásicos Ilustrados de Aira Editorial, entradas para concertos como a xira ‘Síntese Horizonte’ de Guadi Galego, bonos para ir ao cine como os que ofrecen os cines Dúplex de Ferrol ou billetes para estreas escénicas do 2014 como ‘Iribarne’, da compañía Butaca Zero.
    29 min
  • Luísa Villalta para todas as idades
    Eva Mejuto tráenos as primeiras publicacións sobre Luísa Villalta, homenaxeada das Letras de 2024, dirixidas ao público infantil e xuvenil. A primeira proposta é o álbum ilustrado 'Alma de violino', de Beatriz Maceda e Eli Ríos (Xerais), debuxado por Laura Suárez. Para lectorado a partir de 11 anos, Melodía de palabras (Xerais), escrito por María Canosa, con ilustracións de Laura Romero. Para o lectorado máis pequeno, 'Tinta de mar' (Lela Edicións) de Enrique Mauricio, con ilustracións de Tania Solla.
    10 min
  • Zënzar celebra cun concerto os seus ’35 anos bourando’
    O grupo Zënzar (que daquela se chamaba Mördor) deu o seu primeiro concerto o 23 de decembro de 1988. Este 23 de decembro, 35 anos despois, celebran o aniversario cunha actuación na Sala Capitol de Santiago, na que os acompañarán Zeltia Irevire, Xenderal e membros de Dios ke te Crew, Machina, Kastomä ou Ruxe Ruxe. Falamos con Zënzar destes 35 anos, do libro que editarán en 2024 e do seu papel na historia do rock en galego.
    16 min
  • Doar a voz, doar galego
    O Proxecto Nós busca que o galego sexa unha realidade no mundo dixital e na economia da intelixencia artificial. Elisa Fernández é a directora do Instituto da Lingua Galega.
    16 min
  • Dupla multiplica a súa proposta: 'El cubo perfecto'
    Mónica Maneiro comenta a última mostra da galería Dupla de Santiago, unha exposición colectiva na que participan oito artistas: Alba Galocha, Alberto Ash, Enay Ferrer, Iván Prieto, Lara Pintos, Lula Goce, Mario Soria e Mery Pais. As mostras de Dupla adoitan reunir dous artistas; a responsable da galería, Lucía C. Suárez, explícanos a idea detrás da proposta de ‘El cubo perfecto’.
    11 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube