Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • Iria Pinheiro e Mónica de Nut presentan Kennebec
    As artistas Iria Pinheiro e Mónica de Nut teñen novo espectáculo poético musical para este 2024. Kennebec é un proxecto innovador de música experimental e electrónica. O espectáculo racha cos estereotipos na música e explora os límites da palabra e das obras creativas. No Diario Cultural entrevistamos as autoras e descubrimos os segredos que hai detrás deste novo proxecto.
    21 min
  • Estrea de 'Los que se quedan' e 'Yo capitán'
    O filme 'Yo capitán', dirixida por Matteo Garrone, amosa a realidade das migracións cunha nova ollada: a historia de dous meniños que fan unha longa viaxe ata Europa. A película 'Los que se quedan', dirixida por Alexander Payne, é unha comedia dramática protagonizada por aqueles que non teñen a onde ir nas vacacións de Nadal.
    8 min
  • Cantos de Nadal: unha tradición que muda cos tempos
    Os cantos do ciclo de Nadal: panxoliñas, aguinaldos e cantos de reis. O músico Gustavo Couto, da Asociación de Gaiteiras Galegas, comparte con nós o seu coñecemento sobre o baile e música tradicional de Nadal. Lémbranos a importancia dos cantos en grupo, en comunidade, como un elemento de unión entre a sociedade. Tamén entrevistamos a Branca Villares, mestra de música e baile tradicional, unha das impulsoras da recuperación dos 'reiceiros do Cebreiro'; e a Xosé Feijóo, do grupo Os Chichisos, que levan 22 anos saíndo a cantar os Reis coa rapazada da área de Pontevedra. Neste espazo cultural facemos un percorrido polas tradicións de Nadal a través do tempo.
    28 min
  • O videoxogo Cocoon, de Geometric Interactive
    Luz Castro analiza os videoxogos dos gañadores dos Game Awards 2023, os galardóns máis importantes do sector. Entre os gañadores destaca o videoxogo Cocoon, de Geometric Interactive, que recibe o Premio a Mellor Debut de Xogo Indie.
    9 min
  • Unha viaxe pola historia do hip-hop
    O libro 'Somos hip-hop', publicado pola editorial Galaxia, é unha viaxe a través da historia do hip-hop. A obra presenta os fundamentos do breaking, rap, graffiti, turntablism e beatbox. Os autores son Pablo Castiñeira e David Brey.
    20 min
  • Os músicos galegos volven a casa polo Nadal
    Son moitos os autores e compositores de música clásica que viven no estranxeiro. Entre eles atopamos a Iria Folgado, que reside en Berlín e acaba de presentar o seu debut discográfico ‘Ecos de Breogán’; e ao pianista Guillermo Rodríguez, que vive en Bruxelas e vai actuar no Liceo de Ourense.
    19 min
  • Balance da literatura infantil e xuvenil en 2023
    A literatura infantil e xuvenil de 2023 escríbese co nome propio da escritora Fina Casalderrey, candidata ao Premio Hans Christian Andersen, un dos maiores galardóns da literatura a nivel internacional. Repasamos a súa obra con Eva Mejuto e lembramos outros fitos literarios do ano que remata, dos 25 anos da editora Kalandraka, ás novas coleccións literarias para xente moza ou os autores e autoras que recibiron os galardóns máis relevantes da LIX galega no último ano.
    15 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube