Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • O 'Sete' de Susana Seivane
    En ‘Sete’, o seu sétimo traballo, Susana Seivane adéntrase coa gaita nos territorios do rock, do jazz, o funk ou mesmo os sons electrónicos. A gaiteira explora en formato disco os sons que leva aos escenarios coa súa banda desde hai anos. O álbum comeza coa peza ‘Non é non’, un alegato contra a violencia de xénero con palabras de Rosalía de Castro que reclama a liberdade persoal e creativa para as mulleres. ‘Sete’ preséntase en directo o 22 de decembro no Teatro Colón da Coruña.
    21 min
  • Dous cómics para público xuvenil (e non só)
    Eva Mejuto tráenos hoxe dúas óperas prima do cómic que pode desfrutar o público xuvenil (e non só). ‘Fago o que podo’ (Rodolfo e Priscila) é o primeiro libro da tamén poeta Afra Torrado. Unha compilación de historietas da autora que aborda desde a autoficción temas como a precariedade laboral, a saúde mental, o corpo, o síndrome da impostora, con ironía e humor. Na nova colección da editorial Galaxia para público infantil e xuvenil atopamos ‘Sentinelas da lúa carmesí’, con textos de Andrés Castro e Ozo Perozo e debuxos de Alexandre Senande. É o primeiro capítulo dunha historia de aventuras e mundos máxicos protagonizada por unha adolescente.
    13 min
  • Antropoloxía e medicina popular
    Conversamos co antropólogo Rafael Quintía Pereira sobre o seu libro A etnomedicina galega. Achegas dende a antropoloxía (Edicións Ab Origine). A obra percorre a clasificación de enfermidades e doenzas que fai a nosa medicina popular, os seus especialistas, os métodos de prevención e os recursos curativos, e fai fincapé no poder da palabra e no poder da relixiosidade neste sistema tradicional de saúde.
    19 min
  • Ataque Escampe, Candela Liste e Sidonie
    Tito Lesende tráenos hoxe música de Ataque Escampe, que comezan este 15 de decembro a súa ‘Xira dos Cabaliños’, na que seguirán presentando en directo o seu disco deste ano, ‘Cabalgata’. Escoitamos a Candela Liste, música coruñesa á que coñecimos a través da banda Crimson & Clover e que agora empeza a publicar cancións co seu proxecto en solitario. A terceira canción da escolma é de Sidonie, que este venres actúan na Sala Capitol de Santiago.
    10 min
  • 30 anos do Coro da Ra
    O Coro da Ra celebrará o seu 30 aniversario cun concerto no Auditorio de Galicia de Santiago o vindeiro 17 de decembro. Cóntanos os detalles o director do Coro da Ra, Ramón Bermejo.
    19 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube