Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • As novidades de Barahúnda, Ailá e Leilía
    Emilio Españadero tráenos as novidades de varios grupos: Barahúnda e o seu novo disco 'Fremosas'; Ailá, cos seus traballos 'Sansolimón' e 'Ailá de Nadal'; e Leilía e a súa despedida dos escenarios con "Anque me vou non me vou".
    15 min
  • A teoría e a práctica musical de Zavala
    Zavala presentan o seu primeiro disco, ‘Pequeno manual para grandes cambios I (teoría e práctica)’, publicado por Ferror Records. Un traballo que combina os sons acústicos cos sintéticos e algún pouso da música tradicional, con letras que respiran melancolía urbana. Falamos con Carla Romalde e Víctor Ledo, dous dos integrantes deste quinteto, que presenta en directo o seu debut o 5 de xaneiro na sala Ruído de Ferrol.
    19 min
  • Música nos 40 anos do Consello da Cultura Galega
    O Palacio da Ópera da Coruña acolle hoxe un concerto conmemorativo polo 40º aniversario do Consello da Cultura Galega (CCG). A Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG), dirixida por Víctor Pablo Pérez, interpretará un programa no que destaca a estrea da cantata 'Terra', do compositor Juan Durán.
    15 min
  • VI Festival Pezas do Teatro do Porvir
    Afonso Becerra vén cun espazo de encontro entre propostas escénicas galegas e portuguesas en fase embrionaria. Trátase do VI Festival Pezas dun Teatro do Porvir, celebrado o pasado 18 de novembro coa organización da AELG.
    12 min
  • Lecturas con memoria e sen idade
    Eva Mejuto proponnos este venres dous libros con memoria. 'Mambrú volveu da guerra' é unha peza teatral infantil de Carlos Labraña na que unha nena fai amizade cun soldado de porcelana que viviu na súa vila hai moitos anos. A obra gañou o premio SGAE de teatro infantil, está publicada por Xerais e recomendada a partir dos 9 anos.
    'Quen escribirá a miña historia?' é unha novela de Iria Morgade Valcárcel que pescuda no destino das persoas presas no campo de concentración do mosteiro de Oia, editada por Galaxia. A autora é investigadora sobre memoria histórica no grupo Histagra da USC.
    11 min
  • As 'Vidas Cantadas' de Leilía
    “Leilía queda no imaxinario da xente”. Leilía despídese dos escenarios e pecha o círculo co disco Vidas Cantadas e os concertos “Anque me vou non me vou”. Falamos con Felisa Segade.
    14 min
  • O último de Triángulo de Amor Bizarro ou Tanxugueiras
    Tito Lesende pica hoxe a nova canción de Triángulo de Amor Bizarro, a ‘autoversión’ “La carretera nocturna’ que nos presenta unha das integrantes do grupo, Isa Cea. Escoitamos tamén o último tema das Tanxugueiras, “As que teñen que estar”, unha colaboración co rapeiro Juancho Marqués. Descubrimos a Zuaraz, un grupo mexicano-galego-madrileño relacionado cos Blanco Palamera e poñemos o ramo con Green Day, que serán cabeza de cartel d´O Son do Camiño 2024.
    30 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube