Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • A cousa vai de Galicreques
    A nova edicion do Festival Internacional Galicreques en Compostela promete unha programación familiar e para adultos que mestura bonecos, máscaras e performance para todo tipo de historias. Charlamos deste evento con Rafael Rey Domech, fillo do director Javier Rey e cabeza da compañía Nauta.
    17 min
  • 'Tempo de lagartos' e 'Furia' para ler
    Eva Mejuto vén falarnos de literatura tanto xuvenil como para adultos: 'Tempo de lagartos', poesía de Carlos Negro e ilustracións de Raquel Senra (Galaxia); e 'Furia', de María Reimóndez, premio Jules Verne (Xerais).
    12 min
  • Tralas pegadas de Prisciliano
    O documental “O Camiño de Ramón Chao” preséntase estes días no Ourense Film Festival. Aborda a traxectoria do xornalista e escritor Ramón Chao e o seu intese pola figura histórica de Prisciliano. Charlamos del co seu director, Aser Álvarez.
    15 min
  • O novo director da Sinfónica
    Comeza a nova tempada da Orquesta Sinfónica de Galicia e quen mellor para falarnos dela que o seu novo director titular. É Roberto González-Monjas, director e violinista vallisoletano de 35 anos que quere converter os concertos en "experiencias".
    17 min
  • O novo de Xoel López
    toque musical vén da man do noso experto Tito Lesende, co que charlamos de 'Caldo Espírito', o novo disco de Xoel López. Escoitamos tamén a nova canción de Dani Dicostas
    e avanzamos o concerto de Casa de Calexico en Vigo o 11 de outubro.
    12 min
  • 'Migracións' da Real Filharmonía
    O noso experto Luís Miguel Crespo fálanos das claves da nova tempada da Real Filharmonía. Chámase 'Migracións' e será a primeira deseñada polo director titular e artístico Baldur Brönnimann.
    10 min
  • 'Iphinexia' e os recortes sociais
    'Iphixenia na porta do súper' é a versión galega dun texto teatral que aborda os recortes sociais a través do monólogo dunha moza de barrio. Conversamos coa actriz Alba Caneda e coa directora Sara Rey. Estrean este 4 de outubro en Tui e o 22 de outubro no Fiot de Carballo.
    19 min
  • XVIII Sanfroidance
    Nestes días celébrase a 18ª edición do Sanfroidance, o festival de música negra e electrónica de Lugo, organizado pola promotora Trasnosou de Álvaro Pardo.
    10 min
  • 'Run Baby Run' e a intersexualidade
    Unha historia arredor da intersexualidade. 'Run Baby Run' estréase no Salón Teatro de Compostela os días 6, 7 e 8 de outubro. Trátase dunha historia arredor da intersexualidade da que charlamos con Fátima Delgado, autora do texto, e Jana Pacheco, directora da obra.
    19 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube