Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • 'A cociña de Barro'... con Pepe Barro
    O deseñador Pepe Barro expón na Fundación DIDAC os cadernos de traballo da súa traxectoria de cincuenta anos de traballo, que é unha sorte de cartografía de Galicia. Un total de 66 cadernos de diversos formatos que foron utilizados ao longo da súa carreira profesional e que para o deseñador «son os lugares onde abrollan as ideas». Charlamos con el.
    14 min
  • O éxito do Corno con Janet Novás
    O Corno, película dirixida por Jaione Camborda, resultou premiada no Festival Internacional de Cine de Donostia. Supón a primeira victoria dun filme galego (en galego) no circuíto de festivais máis relevantes do panorama internacional. Do seu éxito charlamos coa súa actriz protagonista, Janet Novás.
    9 min
  • A derradeira canción de The Beatles?
    É 'Now and Then' a derradeira canción de The Beatles?Debatémolo con Tito Lesende na estrea mundial da peza, que une a voz de John Lennon nunha maqueta de 1977 cos instrumentos de Paul McCartney, Ringo Starr e George Harrison.
    13 min
  • O CGAC cumpre 30 anos
    O Centro Galego de Arte Contemporánea convídanos a celebrar os seus primeiros trinta anos de vida en Compostela. E faino con dúas exposicións e diversas actuacións que inclúen un espectáculo de danza vertical. Charlamos do seu aniversario co seu director, Santiago Olmo, e co artista Antón Pulido.
    15 min
  • Un paseo por Compostela mirando cara arriba
    Santiago de Compostela é quizais a cidade europea con maior densidade de gárgolas, esas máscaras pétreas —enigmáticas, divertidas, transgresoras— que nos contemplan desde o alto a partir da Idade Media. Hai máis de 300, e nesta pioneira guía trilingüe (galego, castelán e inglés) selecciónanse 30 das máis singulares, nunha ollada nova e moi sorprendente da nosa capital. Publicada conxuntamente polo Consorcio de Saniago de Compostela e a Editorial Alvarellos, a guía conta coas fotografías de Xaime Cortizo. Nós quedamos con Benxamín Vázquez, autor da guía, xornalista xubilado e escritor, polas rúas de Compostela para falarnos das 'Gárgolas de Compostela', a súa guía para coñecelas.
    17 min
  • Mondra métenos no seu 'Ardén'
    É un dos artistas galegos con maior proxección e máis destacados do ano. Mondra visita o estudo do Diario Cultural para falarnos do seu novo disco: 'Ardén'. Nel incorpora ás voces dalgunhas das artistas máis salientables do panorama galego.
    18 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube