Como de difícil é aprender a nosa lingua para un estranxeiro? Cóntanolo un irlandés que a fala perfectamente, Craig Patterson. Ollamos a lúa da colleita co astrónomo Enrique Alonso. Visitamos Lamardevan unha empresa coruñesa dedicada á transformar furgonetas en autocaravanas. Coñecemos a asociación Al-Anon y Alateen, que atende a familiares de alcoólicos. Tamén recollemos as inquietudes dunha agrupación que atende a persoas con enfemidades mentais, a Fundación Salma, que preside Ana González. O director do Museo Reina Sofía, Manuel Segade, coméntanos a exposición que lle dedica o centro a Maruja Mallo. Mónica Maneiro fálanos das Residencias ArtLab, que organiza o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE). Antonio Mercero traenos o seu novo libro, "Está lloviendo y te quiero". Saltamos no trampolín cunha campioa, Melania Rodríguez.