Falamos do auxe dos espectáculos de música en vivo con Marcos Vázquez, presidente da Asociación Galega de Músicas ao Vivo. O presidente da Sociedade Filarmónica de Pontevedra, Gonzalo Martínez, recíbenos na sede dunha asociación que é centenaria. O concelleiro de Ordes, Pablo Vázquez, lévanos á Festa do Lacón con Grelos de Mesón do Vento. O noso guía turístico Agustín Vázquez, trasládanos a Noruega. Julio Ceballos preséntanos o seu libro sobre China "El calibrador de estrellas". Visitamos negocios nos que só se admite o pagamento en efectivo. Coñecemos a Ángel Patricio Rodríguez, un lugués que ten máis de catro mil libros asinados polos seus autores. Conversamos con Sandra Román sobre "Mulleres calvas", o seu documenbtal sobre a alopecia das mulleres.