Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
A tarde ofrece información e entretemento todos os días desde as 15 da tarde ata as 19 do serán. Na primeira hora xunto co ton humorístico de Virtudes debúllanse varios temas curiosos mediante entrevi... more
FAQs about Todos os podcast | A tarde:How many episodes does Todos os podcast | A tarde have?The podcast currently has 674 episodes available.
March 06, 2025A tarde 06-03-2025O responsable da empresa Yema de Oro, Andrés Almazán, cóntanos curiosidades sobre a producción de ovos. Recollemos as queixas sobre a proliferación de pintadas en Compostela. Sabemos máis sobre a procesionaria do piñeiro falando con Íñigo García. O profesor de ioga Segundo Rego infórmanos sobre o festival de ioga que se vai desenvolver na Coruña. O escritor Santiago Ogando preséntanos o seu libro "Romances y cuernos reales". Miguel López Crespo explícanos en que consiste a cheapflación. E ademáis pasamos polo concurso de murgas de Pontevedra, catamos a tortilla de patacas na Coruña e Nuska Chousa danos os seus consellos para a horta....more3h 57minPlay
March 05, 2025A tarde 05-03-2025A fotógrafa Adriana Castro explícanos como sair favorecido nas fotos do DNI. Falamos co investigador Adolfo Cordero da recuperación do sapoconcho en Corrubedo. A logopeda Iria Varela fainos ver a importancia da atención temperá para o desenvolvemento correcto da fala nos nenos. Verónica Souto ensínanos a secar e preservar as flores. O antropólogo Rafael Quintiá analiza as semellanzas entre as distintas personaxes do entroido galego. Imos ve-lo papagaio Ravachol a Pontevedra e preocupámonos polas agresións ao persoal sanitario....more3h 57minPlay
March 04, 2025A tarde 04-03-2025Afondamos nos segredos do entroido tradicional galego con Borxa González. Participamos no entroido de Cobres e degustamos os mazapáns da Lourenzá. Preguntámoslle a Rebeca Fernández, de Correos, por que a empresa traduciu ao chinés a súa páxina web sobre o camiño de Santiago. Mergullámonos no mundo da camelia con Beatriz Riveiro. Najla Shami preséntanos o seu novo traballo "Pulsando". A avogada Ana Camiño dinos se nos podemos disfrazar de policías ou Gardas Civís no entroido e Maximino Pérez explícanos como dar de baixa un coche de balde....more3h 57minPlay
February 27, 2025A tarde 27-02-2025Falamos de piropos cos oíntes e con Sara Martínez Ferreiro. O alcalde de Navia de Suarna, José Fernández, convídanos á Festa da Androlla. Viaxamos a Verín para participar no Xoves de Comadres. Abrimos o consultorio de Nusca Chousa e recibimos a Felix Caramés para que nos informe sobre a calidade das operadoras de telecomunicación. Ademáis, vivimos a fin de etapa do Gran Camiño....more3h 57minPlay
February 26, 2025A tarde 26-02-2025Debatemos cos oíntes sobre as propinas. Son necesarias? Cando hai que deixalas? Que cantidade é a axeitada? Carlos del Amor preséntanos a súa novela "Una dama desconocida". Falamos coa oftalmóloga Yerena Muiños da importancia das pestanas na saúde ocular. Abrimos páxina de entroido visitando a mostra de traxes do Museo Etnográfico Liste de Vigo, conversando co artesán Rubén Herbella, que fai os puchos das mázcaras de Manzaneda e preguntándolle polas características desta celebración ao antropólogo Rafael Quintián. Ademáis vivimos en directo a chegada primeira etapa do "Gran Camiño"...more3h 57minPlay
February 25, 2025A tarde 25-02-2025Falamos sobre nomes raros de persoas co académico da RAG Antón Santamarina. O vigués Andrés Casal danos a coñecer a sua APP para pedir comida caseira a domicilio. Coñecemos a outro vigués, Marcos González, o mellor barista de España. Escoitamos as queixas dos hostaleiros coruñeses sancionados por exceso de ruído nos seus locais. Marcus Fernández cóntanos que podemos agardar este ano do Congreso Mobile de Barcelona. A avogada Ana Camiño explícanos por que o pai do futbolista Lucas Pérez pode reclamarlle unha asignación económica. A escritora Marisol Donis preséntanos o seu libro "Envelenadoras" e paseamos polo municipio de Melón para ver os seus mecos de entroido....more3h 57minPlay
February 24, 2025A tarde 24-02-2025Programa especial do programa A Tarde co motivo do 40º aniversario da Radio Galega. Facemos un percorrido polos 40 anos de historia a través das voces de sempre....more3h 57minPlay
February 21, 2025A tarde 21-02-2025Programa especial realizado dende a Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Cimag Gandagro, en Silleda. Ademáis de percorrer o certame e falar con organizadores e participantes preguntámoslle á ciruxá Chusa álvarez sobre as "falsas" terapias antienvellecemento, coñecemos os preparativos do Domingo Corredoiro en Verín e da danza de madamas e galáns en Santa CXristina de Cobres. Agustín Vázquez explícanos o traballo dos guias turísticos e Borja Tosar cóntanos que era ese bólido que cruzou o ceo de Galicia....more3h 57minPlay
FAQs about Todos os podcast | A tarde:How many episodes does Todos os podcast | A tarde have?The podcast currently has 674 episodes available.