Contamos chistes con Diego Vieito, "o capitán Sabrosura". Comezamos a saborea-lo entroido con Mónica Prego, que nos ensína a facer as mellores orellas. Preparamos a Festa das Filloas de Lestedo falando cun dos seus organizadores, Xosé Manuel Lobato, e coa pregoeira, Isabel Pichel. Comentamos a próxima gala dos Goya conversando con Julia González, que será a encargada de peitear a algúns dos participantes. Coñecemos a Paula Madero, cantante viguesa que opta a representar en Eurovisión a San Marino. A presidenta do Colexio de Xestores Administrativos de Galicia, Pilar Otero, axúdanos a coñecer o traballo destes profesionais. Preocupámonos da introdución do fentanilo en Galicia entrevistando a Alex Rodríguez e rematamos falando dos "santos avogosos" de Galicia co antropólogo Rafael Quintiá.