Xa está aquí unha nova edición de Curtocircuito, o Festival Internacional de Cinema de Compostela. Falamos do que nos ofrece co seu director, Pela del Alamo. Repasamos o libro "Cando chegou a noite", un relato de Antón Seoane no que se reivindica unha morte digna sen dar entrada á dor degradante nin á lenta agonía. Vituco Neira preséntanos o novo disco de Zenzar, "Bla, bla, bla" e a colección de audiolibros que acaba de editar Galaxia.