A Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas chega á 43 edición. Anxo Quintela debulla o seu programa coa axuda da directora artística do certame, María Armesto. No Colexio Fonseca de Santiago pódese visitar "A Galicia inédita", unha escolma dos mellores traballos dos fotoxornalistas do noso país. Falamos dela co comisario da exposicióin, Fernando Blanco. A directora da Fundación Luis Seoane, Carme Jiménez, guíanos pola mostra "Seoane reencontrado" e o director da Fundación Laxeiro, Javier Pérez Buján, lévanos á mostra "Laxeiro, as viñetas que non foron ao prelo". Coñecemos o proxecto "Plumas de pueblo", unha iniciativa do antropólogo Paulino Ramos que acaba de presentar un mapa interactivo que reúne iniciativas LGTBIQ+ desenvolvidas en zonas rurais de todo o Estado. Con Susi Álvarez falamos dunha desas propostas, a Ruada das Gotas que se celebrou en Ribadumia.