Conversamos con Santi Prego e Ledicia Sola, dous dos intérpretes galegos que participan no thriller 'Justicia Artificial', que explora os dilemas que suporía o uso da intelixencia artificial na xustiza.
Dirixida e coescrita por Simón Casal, a longametraxe está participada pola produtora galega Abano e pola TVG. Estréase nas salas de cine este venres 13 de setembro e proxectarase na sección
'Made in Spain' do Festival de Donosti.