Todos os podcast | En xogo motor

Todos os podcast | En xogo motor

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | En xogo motor episodes

  • Mulleres que resistiron ao fascismo
    Mulleres que resistiron ao fascismo 
    A Casa-Museo Casares Quiroga da Coruña acolle unha exposición dedicada á resistencia das mulleres ao fascismo na guerra civil española 
    e na segunda guerra mundial. Unha mostra documental e fotográfica que pode visitarse ata finais do mes de outubro. No marco da exposición
    o 12 de setembro desenvolverase un faladoiro no que participarán descendentes de varias mulleres represaliadas e activistas encarceradas 
    durante a ditadura.
    31 min
  • Os inicios da radio en Galicia
    Os inicios da radio en Galicia.
    Xosé Mosquera Pérez, O Vello dos Contos, primeira estrela mediática galega e impulsor do Padroado Rosalía de Castro. Estvo en antena de 1933 a 1936
    31 min
  • Un mosteiro, un mar de historias
    “Un mosteiro, un mar de historias” pon en valor o patrimonio do Real Mosteiro de Oia, o único da  Orde do Císter ubicado na costa atlántica.
    A mostra percorre 875 anos -dende o s. XII ata o s. XXI- desvelando por vez primeira episodios descoñecidos do monumento e da propia historia de Galicia.
    Na sede de Afundación en Vigo ata o 5 de outubro.
    31 min
  • Diario cultural 11-09-2024
    O deseño galego dende as primeiras décadas do século XX á actualidade: A Fundación DIDAC acolle a mostra Galicia. Procesos e formas. Un percorrido gráfico. E ademais a tradución de As iluminacións galardoada co premio Plácido Castro
    17 min
  • Diario cultural 11-09-2024
    A Casa-Museo Casares Quiroga da Coruña acolle unha exposición dedicada á memoria de resistencia das mulleres ao fascismo en Europa. 
    Manel Cráneo fálanos de Xaquín Marín, un dos pioneiros do cómic en Galicia, que hai 50 anos publicou as primeiras viñetas de Gaspariño
    31 min
  • Diario cultural 11-09-2024
    Na sede de Afundación en Vigo ata o 5 de outubro.: "Un mosteiro, un mar de historias” . A mostra pon en valor o patrimonio do Real Mosteiro de Oia, o único da  Orde do Císter ubicado na costa atlántica.
    Con Raquel C. Pico percorremos os inicios da radio en Galicia
    31 min
  • Palestina existe e persiste
    Mónica Maneiro comenta a mostra 'Palestina existe e persiste', na galería compostelá Patio de Luz. A exposición reúne obras e instalacións de Raquel Álvarez Méndez, María Xosé Domínguez e Elena Fernández Prada.
    A galería acollerá unha acción especial relacionada coa mostra o 14 de setembro, na Noite dos Museos.
    31 min
  • A muller misteriosa
    Quen é aquela moza? Situémonos:
    1957. Aldea das Aguias, Muras (Lugo). O oftalmólogo e investigador Antón Beiras tira 35 fotografías da malla na eira da casa dos de Pascual, os seus sogros.
    2024. As imaxes expóñense por vez primeira na vella caseta de correos da estrada que comunicaba Lugo con Viveiro. O cartel da exposición amosa unha rapaza que traballou naquela malla.
    Tódolos retratados están identificados. Menos ela, a muller misteriosa.
    31 min
  • Diario cultural 10-09-2024
    Unha exposición de fotografías nunha aldea de Muras en 1957 plantexa unha incógnita: Quen é a rapaza do cartel? Polo de agora é a muller misteriosa.
    Imos ata o FIC Bueu con Ana Rmaní.
    E Dolores Vilavedra tráenos poesía. O debut literario de Breogán Xague “Todos os lonxes”
    31 min

About Todos os podcast | En xogo motor

From the publisher's feed

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00