Todos os podcast | En xogo motor

Todos os podcast | En xogo motor

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | En xogo motor episodes

  • Verbena, política e melodía
    Hoxe Tito Lesende tráenos dúas estreas do país: 'Papá & Mamá', reviravolta de Ortiga ao clásico de Los Satélites, e 'Cantare', unha peza na que Hugo Guezeta une forzas coas rapeiras Nadie González e Temible Olivina.
    Ademais escoitamos a Jake Bugg, que participa no OUR Fest.
    31 min
  • Catro días de música nas Revenidas
    Visitamos o festival Revenidas, que ata este domingo acolle en Vilaxoán concertos de Fillas de Cassandra, Lendakaris Muertos, Rebeliom do Inframundo ou Vértebras.
    Nesta edición do festival despídese do público o proxecto Nación Quilombo de García MC e tamén a banda catalá La Pegatina, visitante habitual das Revenidas. 
    Imaxe de Christian Pérez
    31 min
  • Celme de zanfona
    Os cegos cantores, portadores da esencia das músicas de tradición oral desde a Idade Media, son os protagonistas do IV Celme de Zanfona
    Unha colección de Pregos de cordel do Arquivo Castro Vicente permite ver de preto as cualidades formais, editoriais, literarias e relativas á estampa. Inclúe un espectáculo teatralizado de Quico Cadaval que recrea a alianza dos cegos cantores coa arte dos monicreques.
    No CENTRAD de Lugo ata este domingo.
    31 min
  • Diario cultural 12-09-2024
    Visitamos o festival Revenidas de Vilaxoán, que ata este domingo acolle concertos de Fillas de Cassandra, La Pegatina, García MC e Nación Quilombo, Lontreira ou Vértebras.
    Tito Lesende pica hoxe novidades de Ortiga e Hugo Guezeta e cancións de Jake Bugg e Redd Kross, que actúan en Galicia proximamente.
    31 min
  • Diario cultural 12-09-2024
    Os cegos cantores, portadores da esencia das músicas de tradición oral desde a Idade Media, son os protagonistas do IV Celme de Zanfona.
    Unha colección de Pregos de cordel do Arquivo Castro Vicente permite ver de preto as calidades formais, editoriais, literarias e relativas á estampa. Inclúe un espectáculo teatralizado de Quico Cadaval que recrea a alianza dos cegos cantores coa arte dos monicreques.
    No CENTRAD de Lugo ata este domingo.
    Moncho Lemos tráenos hoxe dous thrillers: Justicia artificial, do coruñés Simón Casal e a estadounidense No hables con extraños, de James Watkins
    31 min
  • Galicia. Procesos e formas. Un percorrido gráfico
    O deseño galego dende as primeiras décadas do século XX á actualidade: A Fundación DIDAC acolle a mostra Galicia. Procesos e formas. Un percorrido gráfico.
    Trátase dunha versión da mostra que representou a Galicia na Porto Design Biennale e completa o traballo da Fundación para a creación dun arquivo dixital
    17 min
  • 50 anos do Gaspariño
    Manel Cráneo recorda a Gaspariño, un personaxe co que Xaquín Marín empezou a publicar viñetas na nosa lingua no xornal 'El Ideal Gallego' en 1974.
    Lembramos a mirada crítica e humorística daquel neno filósofo e a importante traxectoria deste pioneiro do cómic galego.
    31 min

About Todos os podcast | En xogo motor

From the publisher's feed

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00