A nova regueifa toma os institutos
Nos últimos anos a improvisación oral en verso chegou a un feixe de centros escolares galegos a través do proxecto Regueifesta. Conversamos cos docentes
Manolo Maseda e Séchu Sende, impulsores desta iniciativa, e con Marta Iglesias, unha das adolescentes que aprendeu no instituto a súa paixón pola regueifa.