Todos os podcast | En xogo motor

Todos os podcast | En xogo motor

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | En xogo motor episodes

  • Baiuca e Carlangas soben ao monte Viso
    Tito Lesende tráenos hoxe a última colaboración de Baiuca e Carlangas, 'Monte Viso', que formará parte do próximo álbum do músico de Catoira. 
    Escoitamos tamén novas pezas de grupos que actúan en directo nos últimos festivais do verán: 'Pedindo perdón' de Tanxugueiras e 'Ahí estás' de Amaral.
    31 min
  • Flores no FIC Bueu
    As flores do cine de Jonas Mekas son o leit motiv da 17ª edición do Festival Internacional de Cine de Bueu. Ademais da retrospectiva deste cineasta experimental, o FIC Bueu proxectará 29 curtametraxes de 18 países na sección oficial. Na súa primeira fin de semana o certame acolle unhas dedicadas este ano a reflexionar sobre a relación entre ciencia e cinema, coa presenza do director Jaime Rosales, e un coloquio sobre o son no cinema no que participan Rodrigo Cortés e Juan Gómez-Jurado.
    31 min
  • Dúas estreas españolas
    Moncho Lemos tráenos dúas estreas para a fin de semana:
    - “El 47”, de Marcel Barrena. A historia real dun acto de disidencia pacífica e o movemento veciñal de base que en 1978 transformou o extrarradio de Barcelona para sempre.
    -”Estación Rocafort”, de Luis Prieto. Terror paranormal nunha estación de metro.
    31 min
  • Justicia Artificial
    “É un thriller político”
    O coruñes Simón Casal preestrea hoxe na cidade herculina a súa última película “Justicia artificial”, que xira en torno á introdución da IA na Xustiza.
    31 min
  • Diario cultural 05-09-2024
    O coruñes Simón Casal preestreaa hoxe na cidade herculina a súa última película “Justicia artificial”, que xira en torno á introdución da IA na Xustiza.
    Con Ana Romaní imos a Verín para o festival de curtas.
    E Moncho Lemos tráenos dúas estreas para a fin de semana: El 47 e Estación Rocafort
    31 min
  • Diario cultural 05-09-2024
    Seis compañías presentan os seus traballos no XXIII Festival Agustín Magán de teatro afeccionado que comeza en Compostela. E ademais preestrea do filme Justicia Artificial
    17 min
  • Diario cultural 05-09-2024
    Repasamos a programación da 17ª edición do FIC Bueu, que se desenvolve entre o 6 e o 21 de decembro. Ademais das proxeccións das curtametraxes a concurso, o festival ofrece unha retrospectiva de Jonas Mekas, unha xornada sobre política e cine ou a programación para o público máis novo do MINIFIC.
    Tito Lesende tráenos novas cancións de artistas que actúan que podemos ver en directo nestas semanas: Carlangas & Baiuca, Tanxugueiras e Amaral.
    31 min
  • Glosario da BD
    Manel Cráneo estrea a súa sección sobre banda deseñada aclarando algúns conceptos sobre esta arte que para el é tan vella como os debuxos nas paredes das cavernas.
    31 min

About Todos os podcast | En xogo motor

From the publisher's feed

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00