Todos os podcast | En xogo motor

Todos os podcast | En xogo motor

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | En xogo motor episodes

  • Diario cultural 09-09-2024
    Regueifa nos institutos e música clásica con Pablo S. Quinteiro 
    Coñecemos o proxecto Regueifesta, unha iniciativa de dinamización lingüística que nos últimos anos leva a improvisación oral en verso aos institutos e aos palcos.
    Recibimos a Pablo Sánchez Quinteiro, que estrea a súa colaboración sobre música clásica con Mahler, 'La Bohème' e o proxecto Sensoxenoma.
    31 min
  • Diario cultural 09-09-2024
    Coas entradas esgotadas arranca en Compostela a Semana do Patrimonio Invisible. Con Vituco Neira achegámonos a algúns destes espazos agochados, coma os mananciais de Vite ou a Torre do Tesouro da Catedral.
    Con Carlos Crespo coñecemos á coruñesa hydn, de nome real Sandra Guedev, creadora no seu momento do  "galenglish" pero que agora só canta engalego.
    31 min
  • 'Heartstopper' e ferreñas
    'Heartstopper' e ferreñas
    Eva Mejuto empeza a temporada traéndonos un libro recén chegado ás librarías, Heartstopper. Rapaz coñece rapaz, o best-seller xuvenil da británica Alice Oseman, agora traducido ao galego por Nee Barros e Éric Dopazo.
    Lembramos a Dorothé Shubarth no primeiro cabodano do seu pasamento co libro 'Ferreñas e rock and roll', de Larura Romero e Iria Pedreira.
    31 min
  • Chanfaina Lab
    Visitamos o concello coruñés de San Sadurniño durante a novena edición do Chanfaina Lab. Este encontro audiovisual reúne 25 cineastas de diferentes idades e procedencias, profesionais e amateurs,
    para compartiren o entusiasmo de facer cine durante unha fin de semana.
    31 min
  • ANÖA
    Coñecemos o espectáculo de danza ANÖA, da compañía Elvi Balboa en coprodución co Centro Coreográfico Galego.
    31 min
  • Cidade Imaxinaria
    ‘Cidade Imaxinaria’ inclúe 14 espectáculos de circo, maxia e teatro. A idea é que pais e cativos compartan unha tarde de ocio.
    Falamos con Ana Isabel Vázquez Reboredo, xerente da Cidade da Cultura, e con Xabi Lozano, capaz de converter calquera obxecto nun instrumento musical.
    A cita é mañá pola tarde no Gaiás
    31 min
  • Diario cultural 06-09-2024
    Falamos da XII edición de Cidade Imaxinaria coa xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez, e un dos artistas participantes. A cita, de balde e para toda a familia, é mañá de 16 a 20hno Gaiás.
    Con Ana Romaní imos ata o Pazo da Ópera da Coruña, que o domingo arranca temporada con La Bohème.
    E Afonso Becerra cóntanos ANÖA, un espetáculo de danza da compañia da coreógrafa Elvi Balboa
    31 min
  • Diario cultural 06-09-2024
    Visitamos en San Sadurniño a novena edición do Chanfaina Lab, un festival de cine ao que non se vai a ver películas, senón a facelas. 
    Eva Mejuto volve traernos lecturas para todas as idades. Hoxe, a tradución galega de Heartstopper, o best-seller xuvenil da británica Alice Oseman e mais Ferreñas e rock and roll, de Laura Romero e Iria Pedreira.
    31 min

About Todos os podcast | En xogo motor

From the publisher's feed

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00