Andrea Jamardo tráenos ‘Virxinia e Castelao’, de Diego Bará, na colección Miudiños de Edicións do Cumio. Trátase dun álbum ilustrado que achega aos lectores máis novos á vida de Virxinia Pereira e Daniel Rodríguez Castelao, dúas figuras fundamentais da historia e da cultura galegas.
Tamén a banda deseñada ‘Fauna’, de Iago Fernández e Damián Gómez, na colección Galopín de Antela Editorial. Un futuro distópico onde nada é o que parece, que reflexiona sobre humanos e animais e o poder da manipulación.
E, ademais, ‘A miña sombra’, de Rebeca Luciani e Ignacio Rubio en Pepa a Loba Editora. Un libro xoia, profundo e soñador, que nos levará a explorar a relación máis íntima que mantemos coa nosa sombra.