Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00... more
FAQs about Todos os podcast | En xogo motor:How many episodes does Todos os podcast | En xogo motor have?The podcast currently has 3,598 episodes available.
April 19, 2026Galicia en xogo motor 19-04-2026Tódolos protagonistas da segunda cita do CGR...more31minPlay
April 18, 2026Diario cultural fin de semana 18-04-2026Conversamos con Ugía Pedreira sobre o seu docudisco "Basal", un achegamento ao universo creativo da artista no que adquire protagonismo a relación coa súa filla, que ten parálise cerebral, e o patrimonio sonoro e físico da súa Mariña natal. Pedro Reboleiro fálanos de "Sen patrón", malabares e humor da man da compañía Pista 4. Escoitamos "Un saber", o disco no que o trío Alana fusiona a música tradicional con electrónica e pop. Iago Varela cóntanos por que decidiu reflectir nun documental o papel das mulleres de Ferrolterra na reconversión naval. Asomámonos ao festival de pensamento e contidos dixitais Carballo Interplay coa súa codirectora Andrea Villa....more57minPlay
April 17, 2026‘Minor inter partes’Afonso Becerra comenta ‘Minor inter partes’, de Teatro Ensalle, con dirección de Pedro Fresneda e Juan Navarro. Trátase dunha proposta innovadora da que o público fai parte de xeito natural.Tamén nos propón o Primavera en Danza de Carballo....more11minPlay
April 17, 2026Club Cultura 17-07-2010A Galicia mariñeira celebra as festas do Carme. Paradas na Mostra Internacional de teatro de Ribadavia e no Certame de Graffiti de Lugo. O camiño portugués pasa polo certame "Cultura quente" de Caldas. Achegamos una revisión da variada oferta do festival "Via Stellae", que multiplica concertos por todo o país, e tamén do "Pontejazz", a cita co blues e o jazz de Pontevedra. A "Idade de Prata" de principios do século XX a revisión no curso de verán da Universidade de Santiago en Foz....more1h 55minPlay
April 17, 2026Andando a Terra 18-07-2010Andando a Terra descubre Albania e a súa historia Na segunda hora o camiño pasa por Australia, o país das segundas oportunidades....more1h 54minPlay
April 17, 2026Expreso de medianoite 25-09-2010Primeira parada no Festival de cine de autor de Lugo. Sarabela Teatro representa en Ourense "O incerto señor don Hamblet", de Álvaro Cunqueiro. Percorrido do Expreso pola terra de Chile....more1h 50minPlay
April 17, 2026Expreso de medianoite 26-09-2010Conversa co director Juan Pinzás, que vén de estrear a súa nova película "As imaxes perdidas". Bota a andar en Galicia o novo selo discográfico "Matapadre" cun traballo do Colectivo Oruga. Parada na tese sobre a autoría feminina das Cantigas de Amigo. Percorrido polo mundo das artes escénicas coa nova proposta de Carlos Blanco, "Orden e progreso". Debate sobre a decisión francesa de expulsar aos xitanos romaneses do seu territorio....more1h 49minPlay
April 17, 2026Expreso de medianoite 2-10-2010Viaxe pola cinema con Enrique Nicanor, coordinador do Festival de Cine de Ourense. Tamén as estreas de carteleira e todas as citas de ocio e cultura. Última parada do tren para camiñar pola terra de Costa de Marfil....more1h 51minPlay
April 17, 2026Expreso de medianoite 3-10-2010Unha viaxe con Diego Ameixeiras para falar da súa nova novela, "Asasinato no Consello Nacional". A Orde de Malta en Galicia. Conversa con Fernando Abreu, do Cuarteto Caramuxo, sobre o seu novo disco "Tiruriru". Parada teatral no Festival de Galicreques e outras propostas escénicas....more1h 49minPlay
FAQs about Todos os podcast | En xogo motor:How many episodes does Todos os podcast | En xogo motor have?The podcast currently has 3,598 episodes available.