Begoña Vázquez fala con José Luís Baños, autor de 'Encerrado'. Esta é unha das pezas gañadoras de Escoitamos Teatro, unha iniciativa da Fundación SGAE en colaboración coa Radio Galega. Escoitámos a obra, que transcorre no ascensor dun tanatorio.
A segunda proposta do programa conta coa voz experta de Dolores Vilavedra, que nos achega á tradución ao galego de Canas ao vento, de María Alonso. A autora da novela, a sarda Grazia Deleddda, gañou o Nobel de literatura en 1926.