Todos os podcast | En xogo motor

Todos os podcast | En xogo motor

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | En xogo motor episodes

  • 'Fremosas', un proxecto de Barahúnda para divulgar as cantigas medievais
    'Fremosas' é un libro musical que inclúe once cantigas medievais musicadas por Barahúnda e información sobre poemas, trobadores e o contexto da lírica galego-portuguesa.
    Helena de Alfonso e Jose Lara Gruñeiro formaron o grupo folk Barahúnda en Madrid no ano 1998 e xa incluíron nos seus primeiros discos composicións a partir de cantigas medievais galego portuguesas. Agora dedícanlle a este corpus literario un proxecto completo, co que aspiran a estender o coñecemento e desfrute destas cancións con voz de muller.
    21 min
  • Poemas medievais e salgaduras romanas
    Mario César Vila fálanos hoxe de como as cantigas medievais proporcionan información sobre as mulleres daquela época, como recolle o libro 'Mulleres medievais: textos e imaxes na lírica galego-portuguesa', unha achega pluridisciplinar publicada pola USC. Tamén nos dá conta do achado de restos dunha salgadura romana no castro Alobre, en Vilagarcía.
    9 min
  • Última chamada
    Santiago Cortegoso , coordinador de Escoitamos Teatro, tráenos Última chamada, de Francisco Manuel Peleteiro. Trátase da primeira das tres obras gañadoras na terceira edición do certame que organiza a SGAE en colaboración coa Radio Galega.
    19 min
  • Diario cultural 05-02-2024
    O 23 de febreiro celébrase do Día de Rosalía. O presidente da Fundación Rosalía, Anxo Angueira, explica no Diario Cultural os actos que están previstos para celebrar o Día de Rosalía. Unha das iniciativas máis destacadas é que, a partir de agora, se mercamos unha obra en lingua galega en calquera librería de Galicia, poderemos recibir un agasallo único para conmemorar o Día de Rosalía. Neste espazo cultural lemos obras de Rosalía e destacamos o seu papel fundamental na historia da literatura galega.
    15 min
  • A celebración do Día de Rosalía
    O 23 de febreiro celébrase o Día de Rosalía. O presidente da Fundación Rosalía, Anxo Angueira, explica no Diario Cultural os actos que están previstos para celebrar o Día de Rosalía. Unha das iniciativas máis destacadas é que, a partir de agora, se mercamos unha obra en lingua galega en calquera librería de Galicia, poderemos recibir un agasallo único para conmemorar o Día de Rosalía. Neste espazo cultural lemos obras de Rosalía e destacamos o seu papel fundamental na historia da literatura galega.
    11 min
  • Diario cultural 05-02-2024
    Neste Diario Cultural descubrimos 'Fremosas', un libro musical que inclúe once cantigas medievais musicadas por Barahúnda e información sobre poemas, trobadores e o contexto da lírica galego-portuguesa.
    Na sección de voces expertas, Mario César Vila fálanos hoxe de como as cantigas medievais proporcionan información sobre as mulleres daquela época, como recolle o libro 'Mulleres medievais: textos e imaxes na lírica galego-portuguesa', unha achega pluridisciplinar publicada pola USC.
    30 min
  • Diario cultural 05-02-2024
    Santiago Cortegoso fala das tres obras gañadoras da terceira edición de Escoitamos Teatro, unha iniciativa da SGAE, en colaboración coa Radio Galega, da que é coordinador.
    Escoitamos a primeira delas, Última Chamada, unha dramedia creada por francisco Manuel Peleteiro que transcorre nun aeroporto..
    Emilio Españadero tráenos dúas propostas musicais: Cucos de Corcubión, de Mark Dos Santos, e A fonte de Neira, de Rapabestas.
    28 min
  • Martín Romero e Vicente Romero
    Conversa co coruñés Martín Romero que compite nos Goya, na categoría de mellor curtametraxe de animación. A súa fita titúlase “To bird or not to bird”.
    A través de peripecias protagonizadas por paxaros, Martín fala do capitalismo voraz.
    Pasou tamén polo programa Vicente Romero, xornalista, reporteiro de guerra, amante do cine. Publicou o libro “Los señores de las tijeras. El cine que la censura nos prohibió”.
    57 min
  • Galicia en xogo Motor 03-02-2024
    Tralo gran segundo posto acadado xunto a Pepe López no Rally de Montecarlo, o copiloto da Estrada David Vázquez analiza o ilusionante proxecto que terá no WRC e no Supercampionato de España. Ademais, pasou polo tempo do motor Darío Cabanelas, de pai galego e nai ucraína, que segue dando pasos no motorsport. Esta temporada competirá na Eurocup-3, un certame con oito probas nalgúns dos circuítos máis prestixiosos do continente.
    30 min

About Todos os podcast | En xogo motor

From the publisher's feed

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00