A Fundación Eugenio Granell inaugura a exposición 'Paco Pestana. O curto voo dun paspallás' este xoves 1 de febreiro. A mostra está comisariada por Cristina Carballedo e poderá visitarse ata o 31 de marzo. Esta exposición parte de revisitar o proxecto plástico e vital do artista Paco Pestana, a través dunha aposta expositiva que xira arredor de obras, documentación e outros elementos do artista, que se atopan en coleccións particulares tentando amosar a intensa personalidade deste artista nun percorrido pola arte a través da amizade.
Na sección de voces expertas, Tito Lesende propón unha combinación de ritmo e melodía. Escoitamos a Brais Morán & Nasaufunk, seguimos coa colaboración do vasco Zetak con Fillas de Cassandra, e rematamos co chileno Benjamín Walker e o 50º aniversario do 'Band on the run' de Paul McCartney & Wings.