Todos os podcast | En xogo motor

Todos os podcast | En xogo motor

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | En xogo motor episodes

  • Diario cultural 31-01-2024
    Begoña Vázquez fala con Iria Aldegunde, autora da versión en banda deseñada do clásico de Neira Vilas ´Memorias dun neno labrego´e coa experta en videoxogos Luz Castro sobre a final dos premios DeVuego
    28 min
  • Diario cultural 31-01-2024
    Loita Amada vén de publicar o seu novo disco baixo o título 'Rematou o simulacro'. O novo traballo foi gravado en Garate Estudios da man do produtor vasco Kaki Arkarazo. O disco preséntase o sábado 3 de febreiro en 'O Candil de Silvia', na Estrada. Estarán acompañados polo grupo vasco Rúkula.
    Neste Diario Cultural coñecemos o novo do grupo arousán Maraxe. Tamén escoitamos a nova canción de MJ Pérez. A cantautora comeza a xira de celebración dos seus 10 anos na música este xoves 1 de febreiro na Gentalha do Pichén en Compostela.
    30 min
  • Diario cultural 31-01-2024
    A relación coa natureza, a función da ciencia e a viralización dos discursos de odio son algúns dos asuntos de "Os afogados", a novela coa que o escritor Pablo Rañales gaña o Premio Illa Nova de Narrativa.
    Neste Diario Cultural tamén escoitamos 'Mythos', o novo traballo do compositor e construtor de instrumentos Abraham Cupeiro.
    15 min
  • 'Unha vida viquinga', na Cidade da Cultura
    A exposición 'Unha vida viquinga' é unha inmersión na cultura e a descuberta dun novo xeito de vivir. A mostra racha cos estereotipos arredor do mundo viquingo e ofrece unha nova ollada sobre a historia. Na exposición facemos un percorrido dende a infancia, o rol dos meniños na casa familiar ata que son adolescentes e chegan a vida adulta. Neste Diario Cultural facemos unha viaxe no tempo coa doutora e investigadora Irene García Losquiños, que é a comisaria da exposición.
    11 min
  • '¡Bon Hiver! Pinturas estacionais', de Javier Arce
    Na sección de arte, Mónica Maneiro recomenda a mostra titulada '¡Bon Hiver! Pinturas estacionais', na Fundación DIDAC de Santiago de Compostela. A exposición é obra do artista santanderino Javier Arce.
    Nesta exposición a pintura é protagonista a través de once obras de pequeno formato, realizadas a partir da observación do medio natural dende o espazo íntimo da vivenda do artista e a súa familia na montaña de Cantabria.
    12 min
  • Chichi Campos no Día da Ilustración
    Como cada 30 de xaneiro, o Día da Ilustración busca reivindicar o labor dos profesionais do debuxo homenaxeando a un ilustrador galego. Nesta ocasión lembramos a figura de Chichi Campos. Facémolo acompañados de Nico Campos, compañeiro da Televisión de Galicia e fillo do ilustrador.
    15 min
  • 'Happy end', de Mario Caneiro
    A nosa experta literaria Dolores Vilavedra vén nesta ocasión cunha obra de Mario Caneiro. Trátase de 'Happy end', un libro editado por Barbantesa e que conta... con catro finais felices!
    13 min
  • Diario cultural 30-01-2024
    Neste Diario Cultural facemos unha viaxe ata o lugar de Berres, na Estrada. Na casa de Vilancosta gardouse, ao longo de anos, un tesouro en forma de textos musicais de distintos estilos e procedencias que pertenceron a varios membros da familia Valladares Núñez. Un legado de enorme valor que agora coñecemos nun proxecto firmado por Pablo Bernárdez, publicado pola Editorial Galaxia.
    Na sección de arte, Mónica Maneiro recomenda a mostra titulada '¡Bon Hiver! Pinturas estacionais', na Fundación DIDAC de Santiago de Compostela. A exposición é obra do artista santanderino Javier Arce.
    30 min
  • 'A música dos Valladares. Retratos de Familia', de Pablo Bernárdez
    Neste Diario Cultural facemos unha viaxe ata o lugar de Berres, na Estrada. Na casa de Vilancosta gardouse, ao longo de anos, un tesouro en forma de textos musicais de distintos estilos e procedencias que pertenceron a varios membros da familia Valladares Núñez.
    Máis de cen anos da historia de Galicia, cen anos de música condensados entre os muros dunha casa. Un legado de enorme valor que agora coñecemos nun proxecto firmado por Pablo Bernárdez, publicado pola Editorial Galaxia.
    Esta obra pretende contar as historias que agochan esas antigas partituras e desvelar que se esconde tras das súas notas. Músicas que cobran vida de novo, nunha revisión actualizada e persoal, que nos achegan un pouco máis ao retrato do que foi a vida desta familia fidalga do val da Ulla.
    17 min

About Todos os podcast | En xogo motor

From the publisher's feed

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00