Todos os podcast | En xogo motor

Todos os podcast | En xogo motor

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | En xogo motor episodes

  • Galicia en xogo Motor 27-01-2024
    No primeiro programa do ano 2024 repasamos o acontecido neste primeiro mes de xaneiro:
    1.- A moción de censura fallida na FGA.
    2.- O anuncio da chegada en maio do mundial de motocross a Galicia.
    3.- E lembramos a conversa desta semana de Toni López García con Fran Gómez Pallas tras a grave caída do carballés no Dakar.
    30 min
  • O oficio da restauración e a conservación
    O 27 de xaneiro celébrase o Día Internacional do Conservador e do Restaurador. No Diario Cultural visitamos o Museo Granell en Compostela para falar con Lorena Rodríguez, conservadora e restauradora; e con Eduardo López Valiña, conservador xefe da fundación Granell. Descubrimos con eles os segredos do seu oficio.
    20 min
  • 'O dicionario dos seres míticos galegos'
    Na colaboración de literatura infantil e xuvenil, Eva Mejuto fálanos de seres máxicos e míticos, un fondo de armario dos clásicos contemporáneos reeditados e unha novidade editorial.
    Neste 2024, a literatura celebra o 25 aniversario da saída do prelo dun dos libros máis coñecidos e celebrados da nosa literatura: 'O dicionario dos seres míticos galegos' de Xerais. Os autores son Xoan R. Cuba, Antonio Reigosa e Xosé Miranda, con ilustracións do galegocubano xa falecido Lázaro Enríquez.
    Neste Diario Cultural tamén descubrimos 'A nave dos fatos', un álbum ilustrado de Ana G. Lartitegui. Esta obra está publicada pola editora vasca 'A Fin de Cuentos', que por primeira vez traduce un dos seus libros ao galego.
    9 min
  • 'Pequefilmes': unha finde de película
    O 'Pequefilmes' dá comezo na Cidade da Cultura para entreter a todos os cativos... e non tan cativos. Conversamos co director deste festival infantil de referencia en Galicia sobre as claves e o máis destacado que poderemos ver esta finde.
    16 min
  • Diario cultural 26-01-2024
    O 27 de xaneiro celébrase o Día Internacional do Conservador e do Restaurador. No Diario Cultural visitamos o Museo Granell en Compostela para falar con Lorena Rodríguez, conservadora e restauradora; e con Eduardo López Valiña, conservador xefe da Fundación Granell. Descubrimos con eles os segredos do seu oficio.
    Na colaboración de literatura infantil e xuvenil, Eva Mejuto fálanos de seres máxicos e míticos, un fondo de armario dos clásicos contemporáneos reeditados e unha novidade editorial.
    30 min
  • Diario cultural 26-01-2024
    O 'Pequefilmes' dá comezo na Cidade da Cultura para entreter a todos os cativos... e non tan cativos. Conversamos co director deste festival infantil de referencia en Galicia sobre as claves e o máis destacado que poderemos ver esta finde. Afonso Becerra adica o seu espazo semanal a falarnos da publicación do número 106 da 'Erregueté', a revista de artes escénicas galega que vén de cumprir 40 anos.
    30 min

About Todos os podcast | En xogo motor

From the publisher's feed

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00