Todos os podcast | En xogo motor

Todos os podcast | En xogo motor

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | En xogo motor episodes

  • Diario cultural 30-01-2024
    A exposición 'Unha vida viquinga' é unha inmersión na cultura e a descuberta dun novo xeito de vivir. A mostra racha cos estereotipos arredor do mundo viquingo e ofrece unha nova ollada sobre a historia. Na exposición facemos un percorrido dende a infancia, o rol dos meniños na casa familiar ata que son adolescentes e chegan a vida adulta. Neste Diario Cultural facemos unha viaxe no tempo coa doutora e investigadora Irene García Losquiños, que é a comisaria da exposición.
    15 min
  • Abraham Cupeiro percorre o país co proxecto 'Mythos'
    O músico e construtor de instrumentos Abraham Cupeiro percorrerá o país co seu proxecto 'Mythos', unha viaxe musical para atopar lóxica á orixe do universo a través da música e as historias primixenias creadas polos pobos dende tempos inmemoriais. A xira comeza o próximo 1 de febreiro en Ferrol e o disco publicarase en todas as plataformas o día 7 do mesmo mes.
    18 min
  • Doenzas e características xenéticas con perspectiva de xénero
    Na sección de cultura científica, Estíbaliz Espinosa explica conceptos relacionados coas doenzas ou características xenéticas da muller: o concepto de Matrescencia, o ADN mitocondrial ou as diferenzas en síntomas como os do infarto de miocardio. Tamén descubrimos como o espazo e as estancias en órbita afectan de xeito diferente a homes e mulleres.
    11 min
  • Primeiros nomes do Festival de Ortigueira
    Na Feira Internacional de Turismo celebrada en Madrid déronse a coñecer as primeiras confirmacións para o Festival Internacional do mundo celta de Ortigueira. Entre elas están Peoples Ford Boghall & Bathgate Caledonia Pipe Band, Fillas de Cassandra, María Pérez, Sara Faro, Escola de Gaitas de Ortigueira ou Green Lads.
    12 min
  • Diario cultural 29-01-2024
    Neste Diario Cultural entrevistamos a escritora Chus Pato, que presenta un novo libro de poemas. "Sonora é para min o retorno ao fogar. Cancelei todas as viaxes, quero estar aquí". A morte da nai e o dó percorre a obra en nove ondas.
    15 min
  • Diario cultural 29-01-2024
    O músico Abraham Cupeiro percorrerá o país co seu proxecto 'Mythos', unha viaxe musical para atopar lóxica á orixe do universo a través da música e as historias primixenias creadas polos pobos dende tempos inmemoriais. Na sección de cultura científica, a nosa experta Estíbaliz Espinosa explica conceptos que teñen que ver coas doenzas ou características xenéticas da muller.
    30 min
  • Diario cultural 29-01-2024
    A escritora do Páramo Celia Díaz preséntanos o seu libro 'As faces do diamante', editado por Galaxia e composto por dez relatos cheos de segredos, vergoñas e decepcións. Ademais, Emilio Españadero tráenos as primeiras confirmacións do Festival de Ortigueira 2024.
    30 min
  • 'Sonora', o novo libro de poemas de Chus Pato
    Neste Diario Cultural entrevistamos a escritora Chus Pato: 'Sonora é para min o retorno ao fogar. Cancelei todas as viaxes, quero estar aquí'. A escritora Chus Pato presenta un novo libro de poemas. A morte da nai e o dó percorre a obra en nove ondas.
    15 min
  • Alberto Gracia, Borja Santomé e Noé Montes
    Imos ata a cidade danesa porque no certame compite Alberto Gracia, coa súa última película "La Parra". Entra na competición oficial.
    Pola súa banda, Borja Santomé leva a súa curtametraxe de animación “Alguén me chamou serpe negra”.
    E conversa con Noé Montes, o perruqueiro das estrelas de cine, como Ethan Hawke ou Claudia Cardinale. Aspira a un premio Goya polo seu traballo no filme “Valle de Sombras”.
    57 min

About Todos os podcast | En xogo motor

From the publisher's feed

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00