Todos os podcast | En xogo motor

Todos os podcast | En xogo motor

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | En xogo motor episodes

  • Unha oda ás salas de concertos
    Tito Lesende reivindica a importancia das salas e locais que programan música en directo durante todo o ano. Escoitamos cancións de artistas que poderemos ver en vivo proximamente. Javi Maneiro comeza o 3 de febreiro en Boiro unha xira de presentación do seu disco 'Un bonito despertar' que o levará tamén por Ourense, A Coruña, Lugo, Vigo, Ferrol e Pontevedra. O 8 de marzo actuará na sala Capitol a estadounidense Acantha Lang, unha voz prodixiosa de soul e blues. Os garaxeiros suecos Devil Dogs pasarán polo Garufa Club da Coruña o 29 de maio; o día 24 do mesmo mes tocará na Mardi Gras a madrileña Nat Simons co seu proxecto 'Felinas'.
    15 min
  • A arquitectura indiana en Galicia
    O Consello da Cultura Galega vén de publicar un informe no que analiza as características arquitectónicas do fenómeno indiano. Afondamos nos aspectos que definen este tipo de arquitectura en Galicia e as vías para protexela e conservala.
    15 min
  • Diario cultural 25-01-2024
    As dramaturxias híbridas de Souvenir. A compañía de David Alonso e Maria de las Llanderas estrea 'Non é unha canción'. Neste Diario Cultural tamén descubrimos os novos poemas de 'De catro a catro'. Rosendo Cid expón 'Máis alá De catro a catro', un proxecto de intervención sobre o poemario de Manuel Antonio.
    15 min
  • Diario cultural 25-01-2024
    O Consello da Cultura Galega acaba de analizar nun informe as características arquitectónicas do fenómeno indiano. Afondamos no que define este tipo de arquitectura en Galicia e como protexela e conservala. Ademais, o noso experto Moncho Lemos vainos falar de dúas películas de estrea en cines: 'Pobres criaturas' e 'Un mal día lo tiene cualquiera'.
    30 min
  • Bea Lema e Carlos Portela optan a premio no Festival de Angoulême
    Comeza a 51ª edición do Festival de Banda Deseñada da cidade francesa de Angoulême, o certame de cómic máis importante de Europa. A coruñesa Bea Lema opta ao premio á mellor obra coa edición francesa de 'O corpo de Cristo', novela gráfica sobre saúde mental vista polos ollos dunha nena. 'Contrition', do guionista galego Carlos Portela e o debuxante Keko, é un dos finalistas na categoría ao mellor cómic de xénero negro.
    14 min
  • Diario cultural 25-01-2024
    Bea Lema e Carlos Portela optan a premio no Festival de Angoulême. Comeza a 51ª edición do Festival de Banda Deseñada da cidade francesa de Angoulême, o certame de cómic máis importante de Europa. A coruñesa Bea Lema opta ao premio á mellor obra coa edición francesa de 'O corpo de Cristo', novela gráfica sobre saúde mental vista polos ollos dunha nena. 'Contrition', do guionista galego Carlos Portela e o debuxante Keko, é un dos finalistas na categoría ao mellor cómic de xénero negro.
    30 min
  • A industria musical galega en datos
    O informe "Impacto da Industria Musical en Galicia: tendencias, retos e oportunidades" está impulsado pola Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) e foi realizado por un equipo de investigación da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Recolle valores do ano 2022 mediante un proceso de investigación social e económica con rigor académico, mediante a sistematización de información baseada en cuestionarios cuantitativos respondidos por axentes do sector e grupos de enfoque para plasmar puntos devista de índole máis cualitativa.
    13 min
  • Percorrendo a felicidade
    A Real Filharmonía de Galicia fará acto de presenza en Santiago, no Auditorio de Galicia, e en Vigo, no Teatro Afundación, no marco do seu novo programa 'Percorrendo a felicidade'. Será o debut de Rita Castro Blanco á fronte da Real Filharmonía de Galicia.
    15 min

About Todos os podcast | En xogo motor

From the publisher's feed

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00