Todos os podcast | Galicia en goles

Todos os podcast | Galicia en goles

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | Galicia en goles episodes

  • Galicia en goles venres 18-04-2025
    O Galicia en Goles deste Venres Santo tivo como protagonista á 1ª RFEF e o encontro que desputaron Unionistas e Arenteiro, con empate a cero final. Ademais atenderon aos encontros dos conxuntos galegos para esta fin de semana en tódalas disciplinas deportivas.
    3 hr 32 min
  • Galicia en goles Fin de semana 13-04-2025
    O domingo futbolístico comenzou da pior maneira coa derrota abultada do Lugo en Irún que coloca aos da Muralla en postos de descenso a 1ª RFEF. Unha categoría á que regresará o Pontevedra se gaña o vindeiro domingo ao Laredo en Pasarón, logo da vitoria dos granates en Salamanca. O gran partido da xornada desputouse en Anduve e rematou con empate a dous goles entre Mirandés e Deportivo.
    10 hr 17 min
  • Galicia en goles Fin de semana 12-04-2025
    Este sábado o fútbol galego non tivo moita fortuna, con derrotas do Celta ante o Espanyol, a do Racing de Ferrol en Oviedo e do Bergantiños na casa. Mentres que o Fabril empataba en inferioridade en LLanera, a gran nova chegaba en Laredo, co triunfo do Compostela. No fútbol feminino o Deportivo conseguiu un importante triunfo de cara a salvacion ante o Badalona mentres que no polideportivo o Breogán caeu en Girona. Por outra banda o Celta baloncesto gañou, o mesmo que o Cangas, dando pasos importantes de cara á salvación
    8 hr 40 min
  • Galicia en goles venres 11-04-2025
    Previa da xornada dos equipos galegos. Entrevista a Fredi Bea, Berto Osorio, Carlos Álvarez, Iago Rodríguez, Iván Sangiao, Jose Carlos Martínez Rodríguez, Dani Portela, Muniti e Cabrejo.
    3 hr 31 min
  • Galicia en goles Fin de semana 06-04-2025
    Este domingo o Galicia en Goles arrincou en Baiona coa VigBay e a xornada de baloncesto na 1Feb. Pola tarde o máis destacado foi a vitoria do Deportivo en Riazor ante o Cádiz, que sitúa aos coruñeses a 6 puntos dos playoff. Tamén houbo boas novas no fútbol da federación, coas vitorias de Ourense CF, Pontevedra e Compostela. Na ACB, nova derrota do Leyma Coruña, desta vez en Málaga.
    10 hr 16 min
  • Galicia en goles Fin de semana 05-04-2025
    Este sábado o Galicia en Goles vibrou co Celta e a súa remonta en Son Moix, o que lle permite seguir soñando coa clasificación para postos europeos. Tamén contaron o triunfo do Fabril no derbi ante o Bergantiños, a derrota do Arenteiro en León e o triunfo do Uni Ferrol noutro derbi ante o Celta
    8 hr 41 min
  • Galicia en goles venres 04-04-2025
    No Galicia en Goles deste venres o prato forte foi o encontro desputado en Vigo entre os filiais de Celta e Barcelona, con triunfo olívico que o alonxa dos postos de descenso. Así mesmo, analizaron a intensa xornada deportiva desta fin de semana.
    3 hr 31 min

About Todos os podcast | Galicia en goles

From the publisher's feed

As retransmisións dos partidos do Celta, do Deportivo e do Celta Fortuna, nas competicións da LFP, Racing de Ferrol, Lugo, Ourense CF e Arenteiro na Primeira Federación son a base do programa, xunto ao seguimento aos cinco equipos galegos da Segunda Federación: Pontevedra, Compostela, Coruxo, Fabril Deportivo e Bergantiños. Ademais está presente en todos os campos da Terceira e da cobertura ao Deportivo, na competición da Primeira feminina.