Todos os podcast | Galicia en goles

Todos os podcast | Galicia en goles

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | Galicia en goles episodes

  • Galicia en goles venres 14-03-2025
    Celta Fortuna - Sestao con Roberto Carlos Carballo e Baltierra. Atlético Guardés - Beti Onak con Gonzalo Alonso. Post partido do Celta Fortuna con protagonistas. Previa da xornada dos equipos galegos con Raúl Villares e Emilio González. Presenta Paco Santos. Marcadores: Emilio González e Iago Gayoso. Redes sociáis: Iago Gayoso.
    3 hr 31 min
  • Galicia en goles Fin de semana 09-03-2025
    Non foi, en xeral, un bo domingo para o deporte galego. O Rácing de Ferrol volveu amosar a súa peor cara caendo en Granada por 3 a 0. Tamén perdeu claramente o Básquet Coruña en Manresa nunha mañá nefasta para o fútbol da federación, con derrotas de Lugo, Fortuna, Arenteiro, Fabril e Coruxo. Pola tarde chegou a mellor nova, coa vitoria do Pontevedra que é , de novo, líder do seu grupo da 2ª RFEF.
    10 hr 16 min
  • Galicia en goles Fin de semana 08-03-2025
    O Galicia en Goles comezou da mellor maneira posible, co triunfo do Celta ante o Leganés en Balaídos. Son tres puntos que axudan aos olívicos a poder soñar con loitar os postos europeos. A mala nova no equipo vigués chegou co equipo feminino, que caeu ante o Deportivo B no desconto. No baloncesto a gran vitoria do Breogán foi o punto final perfecto para o programa, tendo xa o equipo lucense pe e medio na permanencia.
    9 hr 16 min
  • Galicia en goles venres 07-03-2025
    O Deportivo rescata un punto fronte ao Córdoba en Riazor grazas a un tanto de Eddachouri no osegundo tempo. Ademais o Campionato Galego de Ralis abre o pano co Rali do Cocido, que se desputa esta fin de semana en Lalín
    3 hr 30 min
  • Galicia en goles Fin de semana 02-03-2025
    Un gol de Ximo Navarro no desconto permitiulle ao Deportivo sumar a vitoria en Oviedo. Na 1ª RFEF o Fortuna empatou na casa e o Ourense CF asaltou Segovia. Todo isto aconteceu nunha xornada na que O Gran Camiño tivo moita importancia, coa desputa da quinta e última tirada con final en Compostela. No polideportivo Breogán e Cangas caeron nas súas citas ligueiras
    10 hr 16 min
  • Galicia en goles Fin de semana 01-03-2025
    Houbo todo tipo de resultados para os conxuntos galegos nesta fin de semana na que O Gran Camiño copa gran parte da actualidade da nosa comunidade. O Celta empatou a dous goles nun encontro de ida e volta ante o Xirona. O Rácing de Ferrol caeu en Huesca e ten a permanencia cada día máis complicada. A gran nova chegou no baloncesto coa balsámica vitoria do Básquet Coruña ante o LLeida no Coliseum.
    9 hr 16 min
  • Galicia en goles venres 28-02-2025
    Previa da xornada dos equipos galegos con Roberto Carlos Carballo e Raúl Villares. Análise da etapa do Gran Camiño con Pedro Pablo Alonso e Rodrigo Pérez con entrevista a protagonistas. Previa do Rally do Cocido con entrevista a Mateo e Alberto Meira. Entrevista a Álex González e Perú. Presenta Paco Santos. Marcadores: Emilio González e Iago Gayoso.
    3 hr 32 min
  • Galicia en goles Fin de semana 23-02-2025
    Pese a ser superior ao Huesca, o Deportivo non foi quen de acadar a vitoria que lle daría folgos na loita pola permanencia. O triunfo do Eldense volve achegar aos coruñeses a eses postos perigosos. Pola contra o Arenteiro asaltou o Johan Cruyff derrotando ao Barsa Athletic e ocupa zona de playoff. Na 2ª RFEF destaca a vitoria do Pontevedra que é líder en solitario aproveitando o empate do Numancia. Finalmente no polideportivo o Cangas deu un paso importante cara a salvación tras derrotar no Gatañal a un rival directo, o Puente Genil.
    10 hr 16 min
  • Galicia en goles Fin de semana 22-02-2025
    O sábado comezou da peor maneira posible, coa derrota do Rácing de Ferrol na Malata por cero a un ante o Córdoba, que deixa aos verdes moi tocados na loita pola permanencia. Na 1ª RFEF houbo unha de cal e outra de area. O Celta Fortuna caeu en León mentres que o Ourense CF derrotou no Couto a Nástic. Na 2ª RFEF o Fabril empatou na casa ante o Marino e o Bergantiños regresa de Laredo cunha vitoria vital para a salvación. No baloncesto, no derbi feminino o Ensino de Lugo derrotou ao Baxi Ferrol.
    9 hr 16 min

About Todos os podcast | Galicia en goles

From the publisher's feed

As retransmisións dos partidos do Celta, do Deportivo e do Celta Fortuna, nas competicións da LFP, Racing de Ferrol, Lugo, Ourense CF e Arenteiro na Primeira Federación son a base do programa, xunto ao seguimento aos cinco equipos galegos da Segunda Federación: Pontevedra, Compostela, Coruxo, Fabril Deportivo e Bergantiños. Ademais está presente en todos os campos da Terceira e da cobertura ao Deportivo, na competición da Primeira feminina.