Todos os podcast | Galicia en goles

Todos os podcast | Galicia en goles

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | Galicia en goles episodes

  • Galicia en goles Fin de semana 15-02-2025
    O Celta sacou un punto agridoce da súa visita ao Metropolitano. No resto do fútbol houbo pleno de vitorias galegas, con Arenteiro derrotando ao Tarazona e na 2ª RFEF Fabril e Bergantiños facendo o propio con Langreo e Salamanca
    8 hr 41 min
  • Galicia en goles venres 14-02-2025
    Mirandés - Racing de Ferrol con Raúl Villares e Nesy Otero. Unionistas - Ourense con Emilio González. Post partidos con protagonistas do encontro. Previa da xornada dos equipos galegos. Entrevista a Xaquín Núñez, autor de ¨A Gran Final¨. Presenta Roberto Carlos Carballo. Marcadores: Iago Gayoso
    3 hr 32 min
  • Galicia en goles Fin de semana 09-02-2025
    O Galicia en Goles deste domingo estivo centrado en Riazor coa vitoria do Deportivo ante o Almería. Na 1ª RFEF o Ourense CF foi o único galego en sumar tres puntos, vencendo pola mínima ao Celta Fortuna no derbi do Couto. O Lugo e o Arenteiro caeron ante Andorra e Athletic B respectivamente
    10 hr 15 min
  • Galicia en goles Fin de semana 08-02-2025
    O maratoniano Galicia en Goles deste sábado comezou pouco antes das 14 horas para contar a dobre cita no fútbol profesional galego. O Celta remontou na segunda parte ao Betis para recuperar puntos e sensacións mentres que o Ràcing de Ferrol caeu na Malata ante o Castellón. No baloncesto tamén houbo unha de cal e outra de area. O Breogán tumbou ao colíder Unicaja no Pazo e o Básquet Coruña a piques estivo de facer o mesmo en Badalona ante Joventut, pero caeu na prórroga.
    9 hr 16 min
  • Galicia en goles venres 07-02-2025
    Cantabria - Obradoiro con Raúl Villares. Entrevista a Héctor Galán, director deportivo do Obradoiro. Granollers - Balonmán Porriño con Gonzalo Alonso. Previa da xornada dos equipos galegos. Entrevistas a Juan Quintas, xogador do balonmán Cangas, a Rubén Méndez, responsable de marketing do Emevé, Fredi Bea, presidente da Federación Galega de Piragüismo, a Olalla Folla, presidenta do Poio FS e a Javi Diaz, co - fundador de Feebeerse. Presenta Roberto Carlos Carballo. Marcadores: Emilio González e Iago Gayoso. Central de datos e redes; Iago Gayoso.
    3 hr 30 min
  • Galicia en goles Fin de semana 02-02-2025
    O Galicia en Goles contou dende as 11:45 ata as 22:00 todo o deporte galego. Por desgraza houbo que narrar a derrota do Celta en Valencia, que da folgos ao equipo ché. A boa nova foi o triunfo do Deportivo en Eibar, que afastaao coruñeses a oito puntos do descenso. No polideportivo destaca a derrota do Breogán en Tenerife e a goleada do Liceo ante o Vic.
    10 hr 15 min
  • Galicia en goles Fin de semana 01-02-2025
    O Galicia en Goles do sábado tivo protagonismo para o Baloncesto. No Coliseum o Coruña caeu de novo, desta ve ante o Gran Canaria, e segue de pechacancelas. Na 1ª FEB, o Obradoiro gañou no Sar e o COB caeu no Paco Paz ante o Menorca. Tamén novas malas para as galegas nas semifinais da Supercopa de España de futsal feminino, coa eliminación do Poio ante o Futsi e do Burela contra o Melilla. Tampouco no fútbol contaron mellores novas, caendo derrotado o Celta Fortuna en Balaídos ante o Nástic. Por último, no fútbol feminino, o empate do Deportivo ante o Valencia deixou sabor agridoce nas de Fran Alonso.
    8 hr 41 min
  • Galicia en goles venres 31-01-2025
    Liga feminina de baloncesto. Zaragoza - Celta con Gonzalo Alonso e Uni Ferrol - Gipuzkoa con Raúl Villares. Entrevista a protagonistas dos encontros. Entrevista a Antonio Pernas, adestrador do Ensino. Presentación de Pablo Prieto como novo presidente da Federación Galega de Fútbol. Entrevista a Pablo Prieto, Argimiro Marnotes, Tino Saqués, Manuel Abalo, Luis Cendán e Davis Páez. Previa da xornada dos equipos galegos. Vela. Motor. Balonmán.
    3 hr 31 min
  • Galicia en Goles especial Tenerife-Deportivo 29-01-2025
    Tenerife - Deportivo con Javi Torres e Ayoze Díaz dende o Heliodor Rodríguez López. Marcadores dos oitvos de final da Copa da Raíña de Balonmán co La Calzada - Porriño e Barakaldo - Guardés. Marcadores de Champions. Presenta Roberto Carlos Carballo. Marcadores: Iago Gayoso.
    3 hr 31 min

About Todos os podcast | Galicia en goles

From the publisher's feed

As retransmisións dos partidos do Celta, do Deportivo e do Celta Fortuna, nas competicións da LFP, Racing de Ferrol, Lugo, Ourense CF e Arenteiro na Primeira Federación son a base do programa, xunto ao seguimento aos cinco equipos galegos da Segunda Federación: Pontevedra, Compostela, Coruxo, Fabril Deportivo e Bergantiños. Ademais está presente en todos os campos da Terceira e da cobertura ao Deportivo, na competición da Primeira feminina.