Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
As retransmisións dos partidos do Celta, do Deportivo e do Celta Fortuna, nas competicións da LFP, Racing de Ferrol, Lugo, Ourense CF e Arenteiro na Primeira Federación son a base do programa, xunto a... more
FAQs about Todos os podcast | Galicia en goles:How many episodes does Todos os podcast | Galicia en goles have?The podcast currently has 674 episodes available.
September 29, 2024Galicia en goles Fin de semana 28-09-2024O Coruxo caeu no Vao ante o Salamanca nun encontro de alternativas. Tampouco puido coñecer a vitoria do Deportivo Feminino, que empatou a dous co Athletic de Bilbao en Riazor. E na 1ª Federación de baloncesto, malleira do COB na primeira xornada ante o Cartagena no Paco Paz....more9h 1minPlay
September 27, 2024Galicia en Goles especial Albacete-Deportivo 27-09-2024Tivo que agardar á sétima xornada de Liga para vencer lonxe de Riazor o conxunto coruñés. E fíxoo cun puñado na mesa, anotando cinco goles, dous máis dos que levaba no resto das anteriores xornadas. Yeremay e Mella, con sendos dobretes, e Cristian Herrera foron os goleadores dun partido que rematou 2 a 5 e que lle permite aos de Idiakez recuperar o sorriso e cambiar a dinámica negativa coa que chegaban a Albacete....more3h 46minPlay
September 26, 2024Galicia en Goles especial Celta-Atlético 26-09-2024O Atlético de Madrid apenas tivo dúas ocasións e o gol no suspiro final non fixo xustiza ao que fixeron os de Claudio Xiráldez, que volveu contar con moitos dos xogadores do Celta Fortuna que dirixida en Primeira Federación....more3h 31minPlay
September 22, 2024Galicia en goles FDS tarde-noite 22-09-2024Tres saídas a domicilio e tres derrotas. É a bagaxe do RC Celta esta temporada. Este domingo o Athletic de Bilbao foi o seu verdugo, derrotándoo por tres tantos a un. Na 1ª RFEF a gran nova chegou no Toralín coa vitoria do Arenteiro 1 a 2 ante a Ponferradina. Pola súa banda o Lugo caeu en Zubieta. E no polideportivo o Cangas perdeu ante o Logroño no regreso da Asobal ao Gatañal e o Breogán venceu ao Básquet Coruña na final da Copa Galicia de baloncesto....more7h 31minPlay
September 22, 2024Galicia en goles FDS mediodía 22-09-2024Resultados dispares para os conxuntos galegos na xornada matinal do domingo. O Ourense CF caeu na visita ao Amorebieta a pesar de dispor dun penalti a favor con empate a cero. Tamén perdeu o Compostela, cero a dous no Vero Boquete ante o Langreo . A única boa nova chegou no Pepe Quimerán, con vitoria do Coruxo ante o Llarena, remontando nos últimos minutos de encontro....more2h 17minPlay
September 21, 2024Galicia en goles FDS tarde-noite 21-09-2024Non foi unha boa xornada para os equipos galegos de fútbol. O Rácing de Ferrol segue sen gañar esta temporada tras caer 1 a 4 na Malata ante o Albacete. Tamén segue con malas sensacións o Deportivo que perdeu ante o Burgos por cero a dous. No fútbol da Federación o Celta Fortuna non pasou do empate a cero en Balaídos ante o Unionistas mentres que o Bergantiños rabuñou un empate na visita do líder ás Eiroas....more9h 1minPlay
September 20, 2024Galicia en goles venres 20-09-2024O Galicia en Goles deste venres estivo centrado no Pazo Provincial dos Deportes de Lugo. Alí disputáronse as dúas semifinais da Copa Galicia de baloncesto masculino sen sorpresas. Gañaron os dous equipos ACB, o Básquet Coruña eliminando ao Obradoiro e o Breogán facendo o propio co COB. Asimesmo na última hora analizouse detalladamente o que será a xornada deportiva galega desta fin de semana....more3h 32minPlay
September 15, 2024Galicia en goles Fin de semana 15-09-2024Tres vitorias en tres encontros. Esa é a estatística do Celta coma local esta temporada. A súa última vítima foi o Valladolid, a quen derrotou por tres tantos a un. Mentre na segunda división o Rácing de Ferrol segue sen coñecer a vitoria na segunda categoría profesional, pero conseguiu un valioso empate nun campo ben complicado....more10h 16minPlay
September 14, 2024Galicia en goles Fin de semana 14-09-2024Na 1ª RFEF o único partido con presenza galega foi o disputado no Couto con igualada a cero do Ourense CF e Segoviana. na 2ª RFEF o Fabril venceu no derbi ao Compostela. No polideportivo o baloncesto tivo protagonismo co encontro de consolación do EncestaRías coa vitoria do Básquet Coruña ante Breogán e o triunfo do Ourense ante Mataró na Copa FEB....more9h 1minPlay
September 13, 2024Galicia en Goles especial Córdoba-Deportivo 13-09-2024O Deportivo segue sen gañar lonxe de Riazor. O equipo de Imanol Idiakez caeu por dous a cero nun partido no que non estivo atinado nas dúas areas. Así mesmo, o Torneo Encesta Rías viviu as súas semifinais, e no Galicia en Goles escoitaron aos protagonistas....more3h 46minPlay
FAQs about Todos os podcast | Galicia en goles:How many episodes does Todos os podcast | Galicia en goles have?The podcast currently has 674 episodes available.