Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Experiencias persoais dos oíntes e opinións sobre todo tipo de temas, con Marcial Mouzo e Ricardo Saavedra... more
FAQs about Todos os podcast | Pensando en ti:How many episodes does Todos os podcast | Pensando en ti have?The podcast currently has 937 episodes available.
July 30, 2025Pensando en ti 30-07-2025Amigos! Este programa ten centos e hoxe cóntannos que representa para eles a amistade, como a coidan para que perdure, como distinguen a verdadeira dunha ocasional ou de conveniencia....more4h 57minPlay
July 29, 2025Pensando en ti 29-07-2025Disque os sicólogos atenden cada vez máis persoas afectadas diso que chamamos "mal de amores". Todo o mundo coñece o caso de alguén a quen unha ruptura sentimental sumiu nun estado de depresión. Diso falamos e tamén abrimos debate sobre a decisión do goberno galego de prohibir a venda de vapeadores e bebidas enerxéticas aos menores....more4h 57minPlay
July 28, 2025Pensando en ti 28-07-2025Hai vodas hoxe en dia que duran varias xornadas e que son organizadas por empresas ata o último detalle. Nada que ver con aquelas que se celebraban na casa so coa familia máis cercana. Falamos das enormes diferencias entre aqueles eventos e algúns que vemos agora e recollemos anécdotas vividas polos nosos oíntes en vodas ás que asistiron....more4h 57minPlay
July 25, 2025Pensando en ti 25-07-2025Falamos de noites que marcaron as nosas vidas, para ben ou para mal. Lembramos sucesos que nos quedaron gravados porque ocorreu algo marabilloso; noites de amor ou celebración. E tamén evocamos noites que queremos borrar da memoria porrque supuxeron unha mala experiencia....more4h 57minPlay
July 24, 2025Pensando en ti 24-07-2025Lembramos oficios que desapareceron ou que están en vías de extinción: vidreiros, zapateiros, porteiros de edificios... Botámolos en falta? E ademais, na véspera do Día de Galicia falamos das festas populares que salpican neste tempo todo o país....more4h 57minPlay
July 23, 2025Pensando en ti 23-07-2025O verán é tempo de paparotas cos amigos. Como as organizamos? Apandan sempre os mesmos? A quen lle toca cociñar? Somos máis de sardiñas ou de churrasco? en casa ou nun restaurante? Como se organizaban antes estes encontros?...more4h 57minPlay
July 22, 2025Pensando en ti 22-07-2025Un brután estragou días atrás o cruceiro de Hío nunha noite de troula. Un "descerebrado", en definición de Toño, que convida aos oíntes a lembrar outros episodiocs de vandalismo que remataran na destrucción de patrimonio público. Ademais preguntámonos se é certo que o verán é a estación do ano que proporciona máis felicidade....more4h 57minPlay
July 21, 2025Pensando en ti 21-07-2025Un raposo visita a diario unha instalación de eco-cabanas na Pobra do Caramiñal. Algún dos nosos oíntes recibiu tamén a visita inesperada dun animal salvaxe de forma recorrente? Como reaccionou? E falando de visitas non agardadas, como recibimos aos que chegan á nosa casa sen anunciarse? ou como lle facemos entender a un convidado que xa é hora de que se vaia?...more4h 57minPlay
FAQs about Todos os podcast | Pensando en ti:How many episodes does Todos os podcast | Pensando en ti have?The podcast currently has 937 episodes available.