O Concello celebrou hoxe os actos centrais do programa do 25N, Día Internacional contra a violencia de xénero. Ás doce do mediodía representantes da corporación local, coa alcaldesa, Marián Ferreiro, á fronte, gardaron un minuto de silencio na Praza da Gándara en recordo das vítimas de violencia de xénero, entre elas as 41 mulleres no que vai deste ano, e portando unha pancarta co lema “Narón contra as violencias”.
A continuación a rexedora local realizou en representación do Concello unha ofrenda floral fronte ao Monumento á Muller, tamén na Praza da Gándara.