A concelleira de Muller e Igualdade, Cristina Prados,
presentou hai uns dias “Ferrol abre a porta contigo”, a nova campaña contra a violencia machista promovida polo Concello no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. Esta iniciativa créase cun dobre obxectivo: por unha banda, que as mulleres que estean sufrindo violencia se identifiquen como vítimas, e por outra, que coñezan os recursos que están á súa disposición tanto no Concello coma no resto de Administracións do Estado. O lema representa “unha man tendida para axudar ás
mulleres a saír dunha espiral para a que non ven un fin, abrindo xunto a elas unha porta violeta para amosarlles que hai outra vida na que poden ser libres”, explicou a edil.