
Sign up to save your podcasts
Or


Tinha o artigo pensado; tinha o ton, tinha a rabia... e tinha tamén, aberto no móbil, un dos moitos comentarios recibidos nas redes despois da última publicación. Tres linhas salpicadas de insultos, obra de alguén que moi probabelmente non pasara do titular.
Música: Lara Vázquez Carreiro interpreta "Idea 15", de Gibran Alcocer
Próximamente en https://loispardo.wordpress.com/
Subscríbete e recibe o relato completo en formato EPUB
Estou escribindo sobre persoas que non len, que non dubidan do que escoitan, que fan seus os memes que lle chegan de calquera lado sen pararse a valoralos. E fágoo como se eu estivese fóra do problema, como se a minha biblioteca me vacinase contra a estupidez do século. Pero non me vacina contra nada; como moito, permíteme ter máis palabras para nomear a mesma inercia que eu tamén estou a seguir. Extracto do artigo/relato.
Música: Lara Vázquez Carreiro interpreta "Idea 15", de Gibran Alcocer
Próximamente en https://loispardo.wordpress.com/
Subscríbete e recibe o relato completo en formato EPUB
A nosa Praza Maior cae cara un lado, como se a Historia fose escorregando bágoas de "xafois" nun día de choiva calquera.
Música xerada por IA sobre letra do autor
Podes ler o artigo completo en: https://loispardo.wordpress.com/2025/10/08/inklinados/
"Son foguetes de pólvora mollada que lanza quen aspira a seguir parasitando do público, na procura de altofalantes que non tenhan tempo ou non lles preocupe saber se hai algo serio ou real en cada umha desas propostas".
Músicas:
Jason Shaw - 12 Mornings
Simone Cosentino - Bandiera Bianca (do Franco Battiato)
Podes ler o artigo en: https://loispardo.wordpress.com/2022/10/08/probalfa/
É como se todo aquilo que nos define —un idioma, umha data, umha paisaxe— fose máis un lastre que unha fortaleza. Como se para ser globais tiveramos que ser anónimos. Como se para competir no mundo tiveramos que converter a nosa identidade en ruído branco.
Música:
Milladoiro - Muiñeira De Pontesampaio
Fillas de Cassandra - As Moiras
Podes ler o artigo completo en: https://loispardo.wordpress.com/2025/05/16/milnueve/
"Unha dinámica que fomenta modelos culturais individualistas, debilita os espazos de encontro e participación comunitaria, e deixa como herdanza unha sociedade máis illada, menos cooperativa e, polo tanto, máis vulnerable e dependente dos caciques e vendefumes de turno"
Música: Jenna Bell (voz), Ryan Lerman (guitarra) e Lee Pardini (piano) interpretan Black hole sun, de Soundgarden
Podes ler o artigo completo en: https://loispardo.wordpress.com/2025/05/14/estoicos-en-ourense/
Os reloxos xa non fabrican horas como as de antes. E non só por duraren máis, senón porque tinhan outro sabor, especialmente cando chegaba a primavera inundándoo todo de luz e de cor. Aquelas horas sabían a rosquillas, e máis concretamente ás rosquillas do San Lázaro (dito así, con devoción) que a miña nai compraba dous domingos antes da Páscoa e gardaba no armario do seu cuarto coma quen garda un segredo doce. As mesmas que iría racionándonos ao longo da semana como se -inconscientemente- pretendera estendelas até o Sábado de Lázaro ou, simplemente, temerosa de que os fillos sairamos tan lambisqueiros como ela. O certo é que nin a min nin á minha irmá nos facía moita graza o sabor daquelas roscas secas e cheas de azúcar. Foi algo que -coa minha nai convertida numha Bernard Le Coq das rosquillas- fun aprendendo a degustar co paso dos anos.
Música: Never ending story, de K. Forsey e G. Moroder, interpretada por Kaik.
Podes ler o artigo completo en: https://loispardo.wordpress.com/2025/04/10/as-rosquillas-de-san-lazaro/
A primeira sesión documentada no concello de Ourense data do 14 de xaneiro de 1519, aínda que xa constan reunións na orta do concello en 1467, amais doutros lugares do núcleo urbano, tales como a Praza do Campo ou diversos edificios eclesiásticos. Ademais, xa en 1432 existía umha ordenanza que disponhía realizar estas xuntanzas cada xoves ás 9 da manhá, consolidando así umha tradición que xa vinha de antigo.
O concello está triste... Que terá o concello?
Policías nas portas e cartaces vermellos.
Música:
La Capella Reial de Catalunya (Dir. Jordi Savall). Pero cantigas de loor (CSM 400)
In itinere. Gpo. de Cámara da USC (Dir. Carlos Villanueva). Ben sab'a que pod'e val
Raule. Soy yo
Lara Vázquez Carreiro interpreta Lovely (de Billie Eilish)
Podes ler o artigo completo (con anotacións e bibliografía) en: https://loispardo.wordpress.com/2024/12/03/sonatina-do-concello/
O céltico Samain, a católica véspera de Todos os Santos ou a tradución inglesa All Hallow's eve, é umha das datas marcadas no noso imaxinario e no noso ciclo festivo, aínda que tradicionalmente fora máis común celebralo na noite de Santos para Defuntos. En calquera caso, falamos dun Tempo (máis que dumha data), que se prolonga -polo menos- até o San Martinho, quen sabe se influenciado polo dobre calendario existente durante varios séculos no continente.
Músicas:
Fillas de Cassandra - Negra sombra
Xurxo Romaní - Tangaraño (Fanny+Alexander Remix)
Podes ler o artigo completo en: https://loispardo.wordpress.com/2024/10/31/tempo-de-defuntos-2/
A nosa fraxilidade medra conforme a luz da pantalla do móbil ou os excesivos decibelios ao noso redor van impedindo que vexamos ou escoitemos ás nosas vecinhas e aos nosos vecinhos.
Coa participación de Lara Vázquez Carreiro
Músicas:
Músicas:
Nino Rota - BSO Il Gattopardo. Títulos
Conchita Bautista - Estando Contigo
Sweet Barrio - Flor de Periferia
iOZN CELLo - El Pueblo Unido Jamás Será Vencido
TanDub - When music rides my soul
Los chikos del maíz - Nómadas
Podes ler o artigo completo en: https://loispardo.wordpress.com/2024/10/24/o-capital-social/
From the publisher's feed